Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

En Marea esixe a inmediata dimisión do Fiscal xefe polas súas intolerable actuación tratando de culpabilizar e perseguir a vítima do presidente da Deputación de Ourense José Manuel Baltar

  O grupo parlamentario de En Marea considera que as declaracións de Florentino Delgado son unha mostra mais da realidade machista da nosa sociedade ao tempo que pon en cuestión a separación de poderes en Ourense onde semella o poder xudicial traballa directamente para o ´clan Baltar e contra ás súas vítimas   

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017.- En Marea súmase á petición de dimisión do Fiscal xefe, Florentino Delgado. que pretende culpabilizar e perseguir a vítima do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, cando o propio auto da xuíza Eva Armesto, asegura quedan probadas as actitudes vexatorias e humillantes cara a vítima. As declaracións do fiscal acusando á vítima de “presionar” a José Luis Baltar e José Manuel Baltar para que cometese un delito son para o grupo de En Marea de tal gravidade que deberían vir acompañadas da presentación da súa inmediata dimisión.   Para á deputada de En Marea no Parlamento e responsable da área de Igualdade dentro do grupo parlamentario, Paula Quinteiro, estamos ante unha proba máis do grave problema de machismo que temos na nosa sociedade e que se reflicte en comportamentos como do fiscal Florentino Delgado que no seu caso é aínda máis grave tendo en conta o cargo que ostenta. “Quen debería defender á vítima colócase do lado do agresor non só deixando indefensa á muller senón que vai máis alá e pretende impulsar unha cacería contra ela culpabilizando á vítima do sucedido” denunciou Paula Quinteiro.   Esta actuación do Fiscal pon en evidencia ademais a nula separación de poderes en Ourense onde o poder xudicial amosase ao servizo do ´clan Baltar ante un caso tan grave como o denunciado como sinalou a deputada de En Marea por Ourense, Ánxeles Cuña. Fronte a isto, o Fiscal opta por alentar a persecución da vítima.   En Marea reclama unha vez máis ao Partido Popular que abandone o silencio cómplice e manifeste a súa condena á actuación de Baltar que queda probada nas gravacións das conversas e mensaxes telefónicos mantidas coa muller.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...