Información
Galicia

Carballo decreta dous días de loito oficial polo falecemento en acto de servizo do policía local José Luis Garea

Información
22 Mayo 2017 2013 votos

José Luis Garea Vales, nunha foto de La Voz de Galicia

O Concello de Carballo decretou dous días de loito oficial polo falecemento en acto de servizo de José Luis Garea Vales, policía local, nun pleno urxente que comezou con dous minutos de silencio na memoria do axente. As bandeiras da casa consistorial ondean a media asta “como testemuña de dor e solidariedade” e os actos organizados directamente polo Concello veñen de ser suspendidos.

Ás 13.30 horas celebrouse a sesión extraordinaria e urxente do pleno da corporación, tras unha reunión previa dos portavoces dos grupos municipais, na que tamén se acordou que por parte do Concello de Carballo exerceranse “as medidas xudiciais oportunas para a defensa e honores do policía falecido”. Neste sentido, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, engadiu que toda a corporación ponse a disposición da Policía Local e da familia do axente “para que a honra e os méritos de José Luis Garea sexan por sempre recoñecidos”.

A corporación municipal celebrou un pleno urxente ás 13.30 horas

A corporación municipal celebrou un pleno urxente ás 13.30 horas

Por último, a corporación municipal acordou trasladar as condolencias do pobo de Carballo á familia de José Luis Garea e aos seus compañeiros e compañeiras da Policía Local, dos cales asistiu ao pleno unha nutrida representación. Membros de todos os partidos políticos achegaranse ás 17 horas ata o tanatorio de Cerceda, onde compañeiros da Policía Local uniformados velarán o corpo do axente ata que reciba sepultura mañá domingo ás 18 horas.

Casado e pai de tres fillos

José Luis Garea Vales, veciño de Cerceda, estaba casado e tiña tres fillos. O pasado 1 de maio cumpriu 50 anos. Os sete últimos prestou servizo no corpo da Policía Local de Carballo. A pasada madrugada participaba, xunto con outros tres compañeiros, nun dispositivo de vixilancia e control da seguridade viaria, en colaboración coa Garda Civil, cando foi arrollado por un vehículo na estrada de Ordes, á altura do barrio das Labradas. O suceso ocorreu ás 5.15 horas. Outro dos axentes tivo que saltar para non correr a mesma sorte. José Luis Garea faleceu no acto.

O condutor, que viaxaba nunha furgoneta, foi detido no momento por parte, dos outros axentes. Segundo indicou o xefe da Policía Local, Roberto Mosquera, trátase dunha persoa reincidente en casos de condución baixo os efectos do alcohol. Quedou detido, investigado por un delicto de homicidio por imprudencia. A Garda Civil de Tráfico instrúe as dilixencias.

O suceso coincidiu nunha xornada de moita actividade en Carballo. Os actos organizados directamente polo Concello, como o concerto do Curruncho Pop previsto para hoxe pola tarde, quedan suspendidos. No resto dos eventos, como a Volta Ciclista á Provincia, o 7º Autocross ou o partido de mañá da fase de ascenso a 2ª B, que organizan outras entidades, gardarase un minuto de silencio na memoria do axente falecido.

Vídeos

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....