Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Xunta de Galiza emitía este luns un comunicado negando todas as denuncias recollidas no manifesto conxunto que acababan de facer público os colectivos dos servizos de atención a emerxencias de Galiza. Hoxe estes colectivos compareceron en rolda de prensa non só para reiterar esas denuncias senón tamén para pór exemplos concretos nos que a plataforma informática, o modelo de xestión ou a ausencia dun mapa de recursos provocou atrasos na atención de emerxencias.

 

 “Desmentimos o comunicado emitido pola Xunta de Galiza respecto da xestión do naufraxio do Nuevo Marcos” comezaba a presidenta do comité do 112, Isabel Moares. Un comunicado no que a Xunta de Galiza reflicte as horas, minutos e segundos nos que se produciron as comunicacións relativas a este tráxico naufraxio no que, segundo Moares, se omitiu xusto o apunte do momento no que hai o fallo que “é desde que Salvamento Marítimo solicita o Pesca I ao 112, até que no 112 se mobiliza o Pesca I”.

A presidenta do comité do 112 asegurou que “non tiñamos teléfonos de contacto, non se podía contactar co Pesca I e tivo que facerse a través de Gardacostas. Desde o momento en que se recibe a solicitude de salvamento até que se mobilizou pasaron case dez minutos. Este é un tempo demasiado longo, cando en condicións normais, en segundos se tería mobilizado”.

Responsabilizou deste problema a unha plataforma informática que o persoal viña advertindo, xa antes de que se producira o traslado á Estrada, que daba fallos e que, desde que se puxo en funcionamento, provoca serios problemas na xestión e coordinación dos distintos servizos de emerxencias porque “se bloquea, faltan datos, non temos mapas, é un auténtico caos”.

Tempos de resposta “esaxerados”

E para demostralo denunciou o caso dun intento de contactar co 112 para pedir axuda por unha persoa infartada. “Non conseguiron contactar con nós, tampouco co 061 e esta persoa tivo que ser finalmente trasladada por particulares a un centro hospitalario”.

Xunto a este, relatou o caso dunha persoa atrapada debaixo dun tractor en Entrimo. “O programa bloqueouse e non fomos capaces en minutos, de conseguir mobilizar os medios. Isto é o que está pasando no 112”.

Moares alertou novamente de que estes atrasos no 112 están repercutindo no resto dos organismos cos que traballan: 061, ambulancias, bombeiros e, sobre todo, “na cidadanía porque os tempos de resposta se están ampliando dunha maneira esaxerada”.

As súas denuncias foron corroboradas, un tras outro, polos representantes dos colectivos nos que se organiza o persoal dos distintos servizos de xestión de emerxencias de Galiza. De feito, Mario Otero, presidente da Xunta de Persoal do 061, ademais de reiterar as acusacións de Moares, subliñou que os tempos de demora, que asegurou que “en casos extremos están até 10 minutos tardando en comunicarse co 112”, son facilmente comprobábeis porque “nunha central de emerxencias os tempos de chamada están monitorizados, rexistrados”, desde as chamadas recibidas até as chamadas perdidas.

Incendio en Vigo

Así ocorreu, segundo Miguel Ucles, representante da asociación estatal de bombeiros, nun incendio que se produciu en Vigo no que houbo catro intoxicados. “Un deles, cando se viu illado, intentou poñerse en contacto co 112 e estivo 15 minutos sen conseguilo. Ao final de forma indirecta púxose en contacto con nós, fomos a rescatalo e tivo que ser ingresado”, denunciou. Por iso asegurou que “o que din os compañeiros do 112 é real, nós estámolo vivindo”.

Lei de Emerxencias de Galiza

Para Xavier Villar, representante da Mesa Intersindical de Bombeiros, isto é tamén consecuencia do incumprimento da Lei de Emerxencias de Galiza, aprobada hai xa 10 anos e que “non se está cumprindo”. Unha situación que empeorou pola mala planificación do traslado do 112 á Estrada “o primeiro elo da cadea da xestión de emerxencias”.

Villar asegurou que “hai erros” e que está nas mans da Xunta de Galiza solucionalos. Porén denunciou que “desde a negación da realidade non hai posibilidade de mellora e quen o acaba pagando son os cidadáns”.

No mesmo sentido Uxío Figueroa, que compareceu en representación das dúas asociacións de técnicos de emerxencias que hai en Galiza, ASGATE e TES, exixiu da Xunta de Galiza “que se digne a escoitar os compañeiros, os profesionais que traballamos diariamente nas emerxencias”, porque, segundo asegurou, “somos os traballadores e as traballadoras quen facemos que isto non sexa un caos peor aínda”.

Modelo de xestión

Xunto á deficiente aplicación da Lei de Emerxencias, os representantes dos distintos colectivos tamén atribuíron os fallos ao propio modelo de xestión das emerxencias da Xunta de Galiza. Así, Gustavo Tubío, representante da plataforma de bombeiros públicos de Galiza, denunciou que se trata dun modelo no que “se prioriza é o lucro”.

Tubío afirmou que “os servizos esenciais non poden ser obxecto de especulación e negocio, porque isto só dá lugar a unha precariedade inasumible, cunha perda nas condicións laborais dos traballadores e traballadoras”. E concluíu que diante da falta dos recursos necesarios “son estas persoas as que están resolvendo as deficiencias dun sistema informático que foi moi caro, como tamén o foi o edificio da Estrada. Pero logo atopamos que os edificios non descolgan os teléfonos, non mobilizan recursos, non salvan vidas, iso si, fan negocio”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...