Información

Esquerda Unida, da man da eurodeputada Marina Albiol, insta á CE a investigar a presunta malversación de diñeiro na xestión de fondos europeos levada a cabo por persoas vinculadas ao PP de Ourense

Información
XornalGalicia 03 Mayo 2017 1087 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

431701819 44107Esquerda Unida, da man da eurodeputada  de IU, Marina Albiol, preguntará á Comisión Europea (CE) se vai levar a cabo medidas para investigar a presunta malversación de diñeiro público investido en proxectos financiados con fondos Leader en Ourense e se a CE vai contactar co Goberno español para esixir explicacións sobre estas irregularidades vinculadas á construción dunha planta de biomasa e cinco obradoiros de artesanía en Arnoia, proxectos que estaban baixo a planificación e xestión de Rogelio Martínez González, home de confianza de Alberto Núñez Feijóo e o entón alcalde desta localidade.

 

Foi no mes de abril cando o xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribadavia (Ourense) ordenou a apertura de xuízo oral contra Rogelio Martínez González, así como dunha decena de técnicos e particulares vinculadas ao Partido Popular que presuntamente executaron unha trama corrupta para obter diñeiro público de fondos europeos. Martínez González era, daquela, o presidente do Grupo de Acción Local CEIVAM, encargado da xestión dos fondos Leader na comarca.

Ante a posibilidade de estar “diante dun patrón xeneralizado” de modelo de conducta, Marina Albiol preguntará á Comisión se “ten constancia das irregularidades cometidas no proceso de concesión de fondos e execución dos proxectos aos que lles asignaron os fondos Leader”. Ademais, a eurodeputada de IU incidirá en “que mecanismos ten a Comisión Europea para o control e seguimento sobre a concesión, execución e posterior funcionamento de infraestruturas construídas con fondos europeos e se foron activados para o caso citado”.  

Dende Esquerda Unida consideramos que a Comisión Europea debería ter formas de control eficientes para asegurar que o diñeiro público da cidadanía non vai parar a petos privados, unha práctica corrupta que parece responder ao modus operandi do PP, partido envolto en casos de corrupcións cos que se aprecia que segue a antepoñer o lucro de particulares ao ben común. 

El PSOE reclama a Monserrat un sistema unificado para acceder a todas las historias clínicas en cualquier parte del territorio

    • Modesto Pose critica que desde el año 2012, el Gobierno del PP ha venido reduci...

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....