Información
Galicia

Julio Sánchez Agrelo, novo Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia – COETG.

Información
27 Abril 2017 2765 votos

Foto Julio Sanchez Agrelo Decano COETGUnha vez rematado o proceso de Eleccións á Xunta de Goberno do COETG, procedeuse á proclamación e investidura da candidatura encabezada por Julio Sánchez Agrelo, como nova Xunta de Goberno Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia, a cal tomou posesión do seu cargo na xunta de goberno celebrada hai dous días, o 25 de abril.

 

O novo decano agradece o compromiso adquirido polas persoas que forman a nova Xunta de Goberno para traballar nesta nova etapa que agora comeza, en prol dos intereses do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación e da sociedade galega.

Especial agradecemento aos integrantes da Xunta de Goberno que agora finaliza o seu mandato polo traballo realizado durante estes 12 anos ó fronte do COETG, os cales, da man de Ramón Bermúdez de Castro como decano saínte, conseguiron dar visibilidade á entidade ante a Administración, o Sector TIC e a sociedade en xeral.

Fomentar o desenvolvemento do sector TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) en Galicia, aumentar a implicación do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación en áreas emerxentes como a Industria 4.0 e fomentar as relacións coa Administración e as empresas para aunar esforzos co conxunto do sector TIC, serán algúns dos obxectivos prioritarios para o COETG nesta nova etapa.

O novo decano, Julio Sánchez Agrelo, é enxeñeiro de telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid e ó longo da súa traxectoria profesional ocupou diferentes postos de responsabilidade en empresas de relevancia no sector TIC, estando a súa última etapa ligada á operadora de telecomunicacións galega, R, na que traballou para a súa creación dende 1998 e nela dirixiu a División de Rede, encargada da enxeñería, construción e operación da rede de fibra óptica e de servizos móbiles.

A nova composición da xunta de goberno está formada por 17 membros de diferentes perfís profesionais que abarcan a profesión da enxeñería de telecomunicación dende múltiples perspectivas como a universitaria, a administración pública, a empresa, o libre exercicio da profesión ou mesmo a literaria.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi