Información

Os socialistas DENUNCIAN a intención de Feijóo de comprar o perdón da corrupción con cartos públicos para regalarllos a igresia

Información
XornalGalicia 25 Abril 2017 1050 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

OS SOCIALISTAS ACUSAN A FEIJÓO DE MANTER PRIVILEXIOS PARA A IGREXA O OBXECTO DE QUE “LLES PERDOEN O PECADO ORIXINAL DA CORRUPCIÓN DO PP”

Patricia Vilán reclama a recuperación dos bens inmatriculados a favor da Igrexa dende a reforma do Regulamento Hipotecario por Aznar en 1998

 

Santiago de Compostela, 25 de abril de 17. A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao presidente da Xunta de manter privilexios para a Igrexa co obxecto de que “lles perdoen o pecado orixinal da corrupción do PP”. A responsable socialista presentou unha moción na que reclamaba a recuperación dos bens inmatriculados a favor da Igrexa a raíz da reforma do Regulamento Hipotecario aprobada por Aznar en 1998.

A responsable socialista aludiu ás declaracións do presidente da Xunta no acto de conmemoración do XXV aniversario Consello de Contas do pasado venres en sede parlamentaria, no que aludiu á corrupción como unha característica propia do xénero humano aludindo á mazá de Adán e Eva. Vilán criticou así tanto o amparo do PP ás relacións do Estado coa Igrexa como a resposta de Feijóo ás operacións Lezo e Gürtel.

Censurou que a reforma normativa de Aznar posibilitara “que se inmatriculasen a favor da Igrexa e esta se adonase indebidamente de moitos inmobles sen dispor do título ou cando foran de titularidade pública, cal ave de rapiña”. Sinalou o “exemplo vergoñento” da Mezquita de Córdoba, inscrita a favor da Igrexa por 30 euros ao amparo desta norma.

Os socialistas reclamaron o apoio do PP e do goberno galego a unha iniciativa dirixida a coñecer os efectos que tivo en Galicia a dita reforma a través dun estudo da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado que enumere os bens inmatriculados a favor da Igrexa Católica dende 1998. Lembrou que os parlamentos vasco e navarro xa abordaron esta cuestión, dando comunicación a tódolos concellos afectados.

Ademais, esíxelle ao goberno que analice que títulos de propiedade se teñen aportado aos Rexistradores da Propiedade, xa que “parece que a dita Dirección Xeral non deu ningún tipo de instrución aos rexistradores con relación aos certificados de inmatriculación”.

Finalmente, solicita as “accións necesarias para impedir a consolidación do dominio ou outros dereitos reais a favor da Igrexa Católica en Galicia para poder recuperar eses bens. Trátase, explicou, de “terminar cun privilexio máis se as inscricións se tiveran feito sen título material e previo que as xustificase ou cando o ben, por ser de dominio público, non puidera pasar á titularidade privada”.

Aconfesionalidade

Vilán considera “imprescindible resarcirnos dos perversos efectos da modificación da normativa hipotecaria” e sinalou que “xa é hora de dar pasos cara á aconfesionalidade do Estado” rematando con estes privilexios. Sinalou que “nunca se tería que ter considerado á Igrexa Católica como unha institución pública, porque estamos a falar dunha institución privada”.

Sinalou así que “aí están a asignación tributaria do 0,7 por cento do IRPF, as excepcións e bonificacións fiscais como o IBI, e ata que punto e hora a Igrexa, se pretende seguir a ser beneficiaria de cartos públicos, ten que se someter ao principio de transpa4rencia e de control por parte do Consello de Contas”.

El PP gallego defiende dedicar 650.000 euros a sacerdotes en los ...

www.eldiario.es/.../PP-mantener-sacerdotes-hospitales-ciudadania_0_632037417.html
 
11 abr. 2017 - Es el presupuesto destinado a sufragar hasta 41 curas a jornada ... 1995, ya con la competencia transferida y con Alberto Núñez Feijóo en su ...

El PSdeG quiere que la Xunta deje de contratar a sacerdotes en los ...

cadenaser.com › Sergas
 
10 abr. 2017 - El gobierno de Feijoo se gastará este año 650.000 euros para financiar la contratación de 52 curas en los hospitales gallegos. El PSOE pide ...

Feijoo desvela que un cura de Samos lo convenció para estudiar ...

www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/.../feijoo...cura.../0003_201602G2P8991.htm
 
 Valoración: 3 - ‎11 reseñas
2 feb. 2016 - Un mentor, o lo que es lo mismo una persona que preste una buena orientación, puede resultar decisivo para el éxito futuro de un joven. Así lo ...
Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi