Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

A Xunta de Galicia entregou, nun concurso inzado de irregularidades, 20 millóns de euros de todas as galegas e galegos a unha empresa implicada na Púnica e investigada agora no marco da Operación Lezo por suposta financiación ilegal do Partido Popular.

A operación Lezo, desatada este mércores pola Audiencia Nacional e dedicada a buscar irregularidades en diferentes contratos públicos que logo servían para financiar ilegalmente ao PP, está agora a investigar á empresa Indra, a quen o goberno lle adxudicara o Polo industrial do aeródromo lucense de Rozas. “O Partido Popular de Galicia artellou un concurso amañado, e a medida para adxudicar o Polo Aeronaútico de Rozas (Castro de Rei, Lugo) á empresa Indra, unha empresa relacionada reiteradamente con escándalos de financiamento ilegal do Partido Popular, tanto na operación Púnica como na Operación Lezo”, explica o membro da dirección de Esquerda Unida e ex deputado de AGE, Ramón Vázquez.

“Indra é unha empresa pública cuxo capital está en mans da SEPI e depende organicamente do Ministerio de Defensa, quen colocou como decisor no Comité Técnico Asesor da Mesa de Contratación a Bartolomé Marqués, o que derivou na adxudicación a unha empresa sospeitosa de fraude dun dos maiores contratos de Compra Pública Innovadora asinados polo Goberno Galego; o Polo aeronáutico de Rozas. Un proceso que, ademais de conculcar as leis da competencia e o máis elemental sentido da transparencia na adxudicación pública, deixou fóra ás empresas galegas do sector aeronáutico”, sinala Ramón Vázquez.

“O feito de que o Ministerio de Defensa contara con Bartolomé Marqués, Subdirector de Experimentación do Inta, nos órganos de contratación que elixiron a unha empresa dependente do propio Ministerio de Defensa, situou a esta empresa nunha situación claramente vantaxosa fronte ás súas competidoras. Por outro lado, os vínculos desta empresa co Partido Popular non poden ser ignorados á luz das evidencias coñecidas estes días, aspecto que obriga ao executivo galego e ao presidente da Xunta a dar explicacións sobre o uso do diñeiro de todas as galegas e galegos”, apunta o membro da dirección de Esquerda Unida.

Hai que lembrar que o Goberno Galego investiu máis de 10 millóns de euros no acondicionamento do aeródromo de Rozas, propiedade do Ministerio de Defensa, para establecer unha base de Drons, ao que hai que engadir os 40 millóns de euros de diñeiro público galego repartidos a partes iguais entre as multinacionais do armamento Indra e a Babcop International.

 

O resultado: despois destes millonarios contratos e de cinco anos de anuncios e promesas, son cero postos de traballo creados na base de drons e no chamado Polo Industrial de Rozas, unha instalación acondicionada co diñeiro de galegos e galegas para gozo do Ministerio de Defensa e 20 millóns de euros para unha empresa implicada no financiamento irregular do Partido Popular.

 

Por todas estas razóns, Esquerda Unida levará a cabo todas as accións necesarias para que o Presidente da Xunta de Galicia non fuxa das súas responsabilidades políticas e achegue á sociedade galega todas as explicacións que sexan precisas para aclarar o uso do noso diñeiro público e que medidas aplicará no caso de que se demostre a culpabilidade de Indra na suposta financiación ilegal do Partido Popular.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos...