Información
Galicia

O bigote de Mimí títeres e música para o conto de Manuel María 

Información
27 Abril 2016 4133 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Compostela, 27 de abril.- Na Fundación Sgae estrearase o espectáculo O bigote de Mimí, unha montaxe con monicreques e música en directo creada por Luis Vallecillo e a Banda do Cuberto. Esta innovadora proposta para o público infantil está baseada no conto homónimo de Manuel María, o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, e conta coa colaboración da súa Casa Museo.  

A historia

Mimí, un gato presumido moi orgulloso do seu bigote, involucra a todo un grupo de música para contarnos como un bo día, deixándose engaiolar polo seu amigo Fiz, tivo que medirse cos ratos e a piques estivo de se converter no cazador cazado...

O espectáculo

Todo isto lévase á escea cun ambicioso proxecto que une a un titiriteiro e unha banda de música (baixo, guitarra e batería) que axudarán a Mimí a contar a súa historia. Unha suma de recursos escénicos (plásticos, musicais, lingüísticos e corporais) nada doado de atopar nos espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar.

Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.

Quen é Manuel de Paderna?

Manuel de Paderna foi un personaxe moi importante na vida de Manuel María, serviu de inspiración e alicerce para que o poeta seguise adiante e non decaese nos momentos difíciles. Con el aprendeu a facer versos á sombra dunha oliveira naqueles mediodías de verán tan especiais que pasaba de mozo na súa casa natal de Outeiro de Rei. Ese gran afecto que se tiñan pálpase en cada palabra coa que o poeta se refire a Manuel de Paderna.

O bigote, metáfora da inspiración

En O Bigote de Mimí atopamos unha posible metáfora da inspiración proxectada nos bigotes dun gato: son os que o fan ser quen é pero, se alguén llos afeita pode arrebatarlle a identidade; aínda que quen o faga sexa alguén achegado, que lle ten estima e pensa que o fai para o seu ben. 

Pasou Manuel María pola mesma situación que Mimí? Se foi así, a historia acada unha maior riqueza e deixa unha clara mensaxe final: que nas nosas vidas sempre debe haber un Manuel de Paderna que nos infunda enerxía e nos inspire para seguir e loitar polo que realmente somos. 

Máis información: http://www.luisvallecillo.es/o-bigote-de-mimi/ 

Imaxes: http://www.luisvallecillo.es/o-bigote-de-mimi/imaxes/ 

Cancións: http://www.luisvallecillo.es/o-bigote-de-mimi/cancions/

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600