Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no próximo Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN RELATIVA AO SUPERÁVIT DOS CONCELLOS:

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Ministro de Economía vén de gabarse do cumprimento do obxectivo de déficit público do conxunto das administración públicas en 2016. Na consecución de dito resultado, contribuíu decisivamente a xestión económica das corporacións locais, pois rexistraron un superávit por importe de 7.083 millóns de euros, un 0,6 por 100 do PIB. No caso do concello da Laracha, o goberno municipal informou da liquidación do orzamento de 2016 cun remanente de tesourería de 1.800.000 euros. Non se trata, ademais, dun dato puntual, dado que desde 2012 o sector público local vén rexistrando superávits cada ano, que en termos agregados aproxímase aos 26.000 millóns de euros.

Malia este esforzo económico emprendido polos concellos, a recente publicación do Proxecto de Lei de orzamentos xerais do Estado para 2017 mantén as restricións implantadas desde 2012 para o destino do superávit, aplicadas coa aprobación da Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, que no seu artigo 32 estabelece que o superavit obtido na liquidación orzamentaria destinarase a reducir o nivel de endebedamento neto. Estas restricións fóronse concretando posteriormente, primeiro a través da disposición adicional 6ª da LOEPSF introducida pola LO 9/2013 de Control da débeda comercial, coa que se desenvolven os requisitos que deben cumprir os investimentos financeiros sustentábeis, e a continuación coas medidas que se foron prorrogando até hoxe.

Estas normas impoñen aos concellos regras moi restritivas á hora de poder destinar o superávit, mesmo no caso de se constatar –como acontece agora na maioría de entidades locais- un período continuado de mellora das finanzas locais. O Goberno do Estado está a empregar o bo resultado económico das corporacións locais para axudar a conseguir o cumprimento dos obxectivos de déficit do conxunto de todo o Estado, cando ese comportamento orzamentario e económico positivo da maioría dos concellos debería ter unha repercusión directa nos mesmos.

Contrasta, por exemplo, que se manteñan as restricións e a exixencia económica aos concellos, ao tempo que se permite unha ampla lasitude na extensión do gasto noutros servizos públicos, sen dúbida menos esenciais en tempos de crise económica e social para amplas capas da sociedade, como é o caso do incremento do gasto asociado aos servizos de defensa, nun 32 por 100.

A contención do gasto que se impón ás corporacións locais, ademais de inxustificada da perspectiva económica, é arbitraria respecto doutras administracións e non garda relación coas preocupacións e necesidades das maiorías sociais. Contrasta que sendo as entidades locais cumpridoras de estritas obrigas nun escenario económico adverso, cando obteñen unha melloría nos seus resultados, teñan que continuar con limitacións severas mentres que outras políticas públicas, como a citada do gasto militar, xa non tiveron que afrontar unha contracción de gasto de tanto calado como a imposta aos concellos e agora son as que teñen a preferencia do Goberno central para expandir a capacidade de gasto.

Por todo iso, o Grupo Municipal do BNG solicita por parte do Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:

1. Instar ao Goberno do Estado a derrogar o artigo 32-1 da Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira para que o noso concello poida destinar o superávit da liquidación orzamentaria á mellora dos servizos que se prestan á veciñanza.

2. Instar ao Goberno do Estado a reformar o resto de normativa vixente relativa ao destino do superávit das corporacións locais e aos criterios sobre investimento financeiramente sustentábel mentres non se proceda á modificación lexislativa:

  1. Para que poidan investilo en iniciativas e políticas relacionadas cos servizos públicos locais sen a necesidade de xerar novos ingresos e eliminando todos os condicionantes e limitacións vixentes.

  2. Que os novos requisitos para definir os investimentos financeiros sustentábeis teñan en conta todas as competencias municipais básicas e o obxectivo de que todas as persoas accedan aos servizos públicos esenciais, a eliminación das desigualdades sociais, a mellora do equilibrio territorial e ambiental, e en xeral, o incremento da calidade de vida dos veciños e veciñas.

3. Instar á Xunta de Galiza a asumir este acordo e a demandar do Goberno do Estado a reforma da actual normativa que impide o investimento do superávit das corporacións locais galegas, nos termos explicitados no punto anterior.

4. Trasladar este acordo ao Presidente do Goberno do Estado e Presidente da Xunta de Galiza, e aos grupos parlamentarios do Congreso e do Parlamento Galego.

A Laracha, 20 de abril de 2017

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

En las orgías del Partido Popular (sede Mallorca) drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”, según los autos del Juzgado..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

A dos años de legislatura de los alcalde de las MAREAS "nada que ver con PODEMOS", se han jactado a diario de sus fiestas políticas en sus horarios laborales, viajes...