Información
Galicia

Con la primavera, ha llegado el momento en el que los OS SOCIALISTAS RESPONSABILIZAN AO PP DAS “PÁXINAS MÁIS NEGRAS DA CORRUPCIÓN”

Información
19 Abril 2017 1564 Votos

JJuan Díaz Villoslada 190417uan Díaz Villoslada anuncia unha ofensiva parlamentaria para reclamar medidas “reais” de transparencia e un plan antifraude na contratación pública de Galicia

 

Santiago de Compostela, 19 de abril de 17. O responsable da Área de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, responsabilizou hoxe ao PP dunha das “páxinas máis negras da corrupción no país”. O responsable socialista reclamou un “esforzo sincero” e “medidas reais” para garantir transparencia e contra unha corrupción que “non deixa títere con cabeza” dentro do partido que hoxe goberna Galicia e no Estado.

Os socialistas galegos presentarán unha serie de iniciativas no Pleno do Parlamento e na propia Comisión do Consello de Contas para reclamarlle a Feijóo que cumpra coas súas obrigas de loita contra a corrupción mais alá de “leis que cumpren formalmente dende o punto de vista do discurso, pero que non cumpren cos seus obxectivos reais”.

Díaz Villoslada fixo un relatorio dos últimos casos coñecidos, comezando polas prácticas de Rato como ministro, pasando pola chamada a testificar de Rajoy por causas de corrupción no seu partido, a detención hoxe do ex presidente de Madrid ou a apertura de xuízo oral contra o ex delegado da Xunta en Ourense.

A sombra da corrupción no PP é demasiado alargada”, dixo, e criticou a resposta do PP contra a citación de Rajoy, na que atacan ao sistema xudicial “cando non vai de acordo cos seus intereses” e que pon en cuestión a súa “vontade real” de loitar contra estas prácticas. Con estes datos, dixo, “non é de estrañar que a corrupción sexa a segunda preocupación despois do paro, segundo o CIS”.

Anunciou que os socialistas galegos comezarán por iso unha ofensiva parlamentaria, xa dende o próximo Pleno do Parlamento, ao que levarán unha proposición non de Lei reclamando un plan antifraude na contratación pública de Galicia. Tamén presentarán na mesma sesión unha interpelación ao goberno galego para mellorar a transparencia na súa xestión.

O responsable socialista sinalou que o informe sobre Transparencia Internacional España presentado en decembro de 2016 revela que Galicia é a comunidade autónoma número 13 das 17 con menor índice de transparencia do Estado e é unha das 3 que baixaron de posición entre 2014 e 2016.

Alertou do impacto económico que teñen as prácticas corruptas, que foron contabilizadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia en torno a 40.000 millóns de euros ao ano, un 4,5 por cento do PIB. Tan só evitando a corrupción e incrementando o control sobre a fraude fiscal, sinalou, permitirían sanear as contas públicas e evitar os drásticos recortes que levaron aos servizos públicos ao límite.

Consello de Contas

A ofensiva parlamentaria dos socialistas galegos terá continuidade na Comisión do Consello de Contas, aproveitando as recomendacións que recollerá o ente fiscalizador na próxima reunión do órgano. Os socialistas queren utilizar ao máximo as novas competencias deste ente para que “o primeiro Plan Anticorrupción do Consello de Contas sexa moito máis que propaganda”.

Así, proporán medidas de protección dos denunciantes e de garantía de confidencialidade, así como medidas de cooperación coa fiscalía, ademais de solicitar a creación dunha Fiscalía Anticorrupción propia de Galicia.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi