Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esquerda Unida denunciara ao PP de Lugo despois de que o entón deputado de AGE, Ramón Vázquez, e o entón coordinador de Esquerda Unida de Lugo, Carlos Portomeñe, fosen testemuña de ver chegar a monxas e aos membros do PP de Lugo: José Luís Iravedra, Teresa Taboada, Serafín Rodríguez e Benigno Gómez, levando ás persoas do asilo a votar portando a súa papeleta nun sobre pechado desde a saída da residencia.

 

Compostela, 19 de abril de 2017. Esquerda Unida considera lamentable a decisión do auto emitido onte pola Audiencia Provincial de Lugo, na que os altos cargos do PP lugués saen impunes de delito electoral coa decisión da Audiencia de acordar o sobresemento provisional e arquivo de actuacións no caso do carrexo de votos. "Estes feitos tan execrables, e que todos puidemos contemplar nas fotos que foran presentadas, nas que os responsables do PP trasladaban anciáns (que dende o propio IMELGA informaron que non estaban en condicións para exercer o seu dereito ao voto por ter alteradas as súas facultades cognitivas), é un gran paso atrás na loita en materia de rexeneración democrática que vive este país", valora Ramón Vázquez, membro da dirección de EU e ex deputado de AGE.

"Este auto, que deixa impune a cargos do PP, conta cun voto particular da Maxistrada Ana Rosa Pérez Quintana, que discrepa da decisión dos seus compañeiros do Tribunal e, efectivamente, considera que existe un delito electoral. Así, a maxistrada explica que se debería ter estimado o recurso, interposto por Esquerda Unida, onde debería tomar declaración como imputada a directora do asilo", explica Ramón Vázquez.

"De feito, o propio Tribunal considera que estes feitos son reprochables eticamente e socialmente, aínda que non teñen encaixe na LOREG. Para nós este segue a ser un tema sumamente serio. Falamos de persoas en situación de especial vulnerabilidade, como son os residentes na Residencia Hogar San Roque, que exerceron de forma forzada o seu dereito de voto portando a papeleta nun sobre pechado desde a saída da residencia, é un feito vergoñento e denigrante", critica.

"Coñecida esta decisión, agora, dende Esquerda Unida valoraremos se recorrer ao Tribunal Constitucional no traballo da defensa e loita pola rexeneración democrática, xa que é verdadeiramente terrible gañar unhas eleccións a este prezo: denigrando ás persoas", remata o membro da dirección de Esquerda Unida.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

A TRANSPARENCIA de #XulioFerreiro y #MareaAtlántica esta basada en la #CENSURA y #OCULTACIÖN bajo #Dolo el #ignoranciadeliberada, si desea ganar un pleito al Concello de A Coruña, pregunte que abogado le recomienda el líder de #Amareaatlantica

A TRANSPARENCIA de #XulioFerreiro y #MareaAtlántica esta basada en la #CENSURA y #OCULTACIÖN bajo #Dolo el #ignoranciadeliberada, si desea ganar un pleito al Concello de A Coruña, pregunte que abogado le recomienda el líder de #Amareaatlantica

  A Comisión de Transparencia de Galicia obliga al Concello de A Coruña Gobernado por Marea Atlántica a hacer pública la lista de Asesores y Letrados que trabajan a la...