O CONCELLO DE NIGRÁN, PRIMEIRO DA COMARCA EN INSTALAR CONTEDORES-DISPENSADORES PARA EXCREMENTOS CANINOS

XornalGalicia  16 Abril 2017  995 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

22IMG 2495Trátase dos dez primeiros sanecáns e están ubicados nas zonas onde máis se pasea os animáis, Nigrán, Ramallosa, Priegue e no paseo de Panxón a Lourido, aínda que o Concello prevé colocar máis

Nigrán.- O Concello de Nigrán rematou hoxe a instalación de dez contedores para excrementos caninos nos puntos máis empregados para o paseo dos animais, sendo estos os primeiros sanecáns de toda a comarca

. Os dispositivos, debidamente sinalizados para resultar visibles e co lema 'Recolle as cacas do teu can, é a túa responsabilidade', dispensan tamén bolsiñas-guante e están ubicados en Priegue (ao lado do quiosco, na avenida Pablo Iglesias), Nigrán (Praza Rosalía de Castro e Concello), Ramallosa (Parque da Alameda de San Campio e parque Carlos Casares, no entorno da piscina mancomunada) e Praia América (paseo dende Panxón a Lourido). O obxectivo que se persigue é facilitar aos donos de cans as tarefas de limpeza e, simultáneamente, concienciar á veciñanza da irresponsabilidade e incivismo que supón non recoller os excrementos da rúa, unha acción sancionada ata con 600 euros de multa.

"Damos resposta a unha demanda veciñal e contribuímos a concienciar sobre as obrigas que conleva ter animais. Estos son os primeiros en instalarse, próximamente se irán engadindo máis a outras zonas que tamén o demandan", explica Diego García, concelleiro de Medio Ambiente. Os sanecáns serán vaciados diariamente por traballadores de Cespa, mentras que operarios municipais se encargarán da reposición tamén diaria das bolsiñas-guante para que sempre poidan estar operativos.

Esta campaña realizouse a custo cero para o Concello ao correr toda a cargo dos fondos que a concesionaria Cespa debe achegar a medidas de concienciación social (a partida total neste ámbito é de 8.000 euros anuais). O modelo elexido de sanecán e o 'Madrid', fabricado en aceiro cun pintado verde antigraffiti e cun contedor central con capacidade para 55 litros e dous dispensadores de bolsas-guante de 100 unidades cada un deles

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...