Información

O sindicato ve un «cambio substancial na actitude e as formas» do hólding público, propietario de empresas como Navantia

Información
XornalGalicia 01 Abril 2017 974 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Imaxe de arquivo dunha mobilización do comité de NavantiaA Federación de Industria de Comisións Obreiras considera «satisfactoria» a xuntanza que mantivo recentemente coa nova presidenta da Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI), Pilar Platero. O sindicato ve un «cambio substancial na actitude e as formas» do hólding público, propietario de empresas como Navantia.

Imaxe de arquivo dunha mobilización do comité de Navantia

Precisamente, o sindicato insiste na necesidade dun plan industrial para os estaleiros públicos e agarda que a «vontade» amosada na reunión, oposta ao «desprezo, arrogancia e prepotencia que representa a Dirección de Navantia», se manifeste en feitos «concretos, visibles e perceptibles» para as traballadoras e os traballdores.
CCOO-Industria fixo partícipe a nova presidenta da SEPI da necesidade do dito plan antes de que a situación de «colapso e deterioración» sexa «irreversible». A responsable do hólding empresarial público recoñeceu compartir «plenamente» a preocupación. Segundo explicou, están a traballar cos diferentes ministerios implicados —Economía e Facenda, Industria, Defensa, Emprego e Seguridade Social— no deseño dun plan que reúna as medidas necesarias para «garantir o futuro sustentable da empresa».
Segundo CCOO, a SEPI deixou patente a súa «vontade de pilotar este proceso» e, por tanto, de negociar cos sindicatos o dito plan e, vinculado a este, abordar un novo marco de relacións laborais ou convenio, «acordes coas necesidades actuais e futuras».
A SEPI tamén asumiu a proposta de CCOO de constituír unha mesa de negociación con todos os sindicatos con presenza suficiente en Navantia, respectando a porcentaxe de representación lograda por cada organización nas últimas eleccións sindicais. Desde CCOO tamén instaron a SEPI a aboar as débedas contraídas co persoal, derivadas da aplicación do convenio colectivo vixente. Platero afirmou «estar traballando» nesta cuestión, mais o sindicato instouna a solucionar a problemática «coa maior dilixencia posible».
Canto ao plan industrial para Navantia, CCOO pon o acento na «urxencia» de consolidar novos contratos e lograr maior carga de traballo. Tamén, o mantemento dos sete centros de traballo en todo o Estado, a remuda xeracional, a potenciación da área de reparacións e a construción naval civil de alto valor engadido —tendo en conta, para isto, centros especializados como o de Fene.
CCOO-Industria tamén reivindica programas de I+D+i, a modernización das instalacións, a diversificación das actividades, a modificación do sistema organizativo, programas de formación e especialización, a mellora das políticas de prevención e saúde laboral, a integración do persoal nun marco laboral común, a ordenación da industria auxiliar —e o respecto dos dereitos deste colectivo, con salarios dignos—, a recuperación do poder adquisitivo dos salarios e a máxima participación sindical en todos os ámbitos.
Para CCOO-Industria, estes son os principais eixes para confeccionar un plan que garanta unha Navantia «con futuro, sustentable e con capacidade para se situar en posicións de liderado no mercado internacional». Un proxecto, con todo, que precisaría a remuda da actual Dirección da empresa, responsable de conducir a compañía a unha das etapas máis «críticas, desoladoras e vergoñentas de toda a historia desta empresa».

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

El Deportivo de Escotet el Venzolano se queda a un paso del título y de la Fase de Ascenso

    El Deportivo  hizo los deberes en la última jornada de liga en el grupo 1º de Se...

Feixóo ten que dar explicacións pola sentenza que permitirá ás eléctricas subir o recibo da luz

Ana Pontón “Os tentáculos do lobby enerxético están nos consellos de ministros e na tamén na ...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....