Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Bouza afirmou que "xa está ben que o Partido Popular promulgue e espalle o modelo Baltar pola xeografía galega. Lonxe de combatelo o aplaude co seu silencio cómplice e repugnante."

En declaracións do coordinador provincial, Antón Varela "mentres a Deputación da Coruña gobernada por un socialista pide a anulación de espectáculos machistas, os alcaldes do Partido Popular demostran o que realmente pensan da igualdade."

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron hoxe ao paso das noxentas declaracións vertidas polo alcalde de Noia na que pretendendo facerse o chistoso insultaba ás mulleres con afirmacións propias da época da Inquisición.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestou " non podemos tolerar que un representante público diga estas barbaridades e fique impune. E por iso, polo que esiximos ao Sr. Núñez Feijóo que tras as leccións de feminismo que deu no día de onte no Parlamento proceda a solicitar a dimisión de este persoeiro do seu Partido de maneira urxente e inmediata."

Bouza afirmou que "xa está ben que o Partido Popular promulgue e espalle o modelo Baltar pola xeografía galega. Lonxe de combatelo o aplaude co seu silencio cómplice e repugnante. A mocidade socialista galega non imos a permitir que a discriminación se xeneralice e normalice no noso país ante a deixadez e complicidade do Sr. Feijóo."

Pola súa banda o coordinador provincial, Antón Varela, valorou que "son declaracións inaceptables para quen ostenta a alcaldía de Noia e moito máis nun día tan importante como o de onte. Estas declaracións mostran, ademais de ignorancia, a súa incapacidade para representar a ninguén."

En declaracións de Varela "mentres a Deputación da Coruña gobernada por un socialista pide a anulación de espectáculos machistas como o do humorista Cremades, os alcaldes do Partido Popular demostran o que realmente pensan da igualdade. Nestes casos podemos ver claramente a diferencia de modelos entre o Partido Socialista e o Partido Popular."

Dende a Organización concluíron esperando que a dimisión se produza de inmediato e que no caso de que no o faga por vontade propia se aínda lle queda un chisco de dignidade, sexa o Partido Popular e o Sr. Núñez Feijóo quen o expulse do seu Grupo Municipal.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...