Información
Galicia

Un comité internacional de expertos realiza unha visita de verificación á contorna das Minas de San Fins

Información
06 Marzo 2017 2702 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2FOTO SANFINSNesta fin de semana a problemática ambiental do impacto das Minas de San Fins, en Lousame, foi obxeto dunha inspección por parte dun comité internacional de expertos en minaría e medio ambiente procedentes de Australia, Finlandia, Reino Unido, Filipinas, Nova Zelandia, Nixeria e Colombia.

O comité verificou "in situ" o estado das dúas presas mineiras situadas no cauce do río San Fins, sobre as que Sacyr recusa toda responsabilidade, e manteu encontros con profesionais do mar, veciños, representantes de colectivos ambientais e membros das corporacións municipais da comarca.

Despois de inspeccionar o estado do maior dos depósitos de colas situado en pleno cauce, o comité alertou que existen as condicións para que se poida producir un grave desastre ambiental.

Segundo os integrantes da rede "Yes to Life, No to Mining", o feito de que unha explotación que ven vertendo de forma continuada augas ácidas de mina poida operar sen ter sido sometida a un procedemento de avaliación de impacto ambiental fixo saltar todas as alarmas na plataforma,?motivando a súa intervención ante "unha situación que se considera extremadamente preocupante", moi particularmente "A falta de control e permisividade temeraria da administración".

Integran o comité?a Doutora Michelle Malone, xurista ambiental e coordenadora da Australian Earth Laws Alliance (Australia), a activista ambiental Natalie Lowrey de Deep See Mining Campaign (Nova Zelandia), o antropólogo Hannibal Rhoades, da Fundación Gaia de Londres (Reino Unido), a divulgadora ambiental?Juliana Thornton, da Universidade de Witwatersrand e EarthLore (Sudáfrica),?o biólogo Chris Madine, da Universidade de Newcastle e Snowchange (Finlandia), o activista Clemente Bautista, coordinador nacional da rede ambiental?Kalikasan (Filipinas), o divulgador ambiental?Wale Obayanju, da Fundación HOMEF?(Nixeria), e a antropóloga e bióloga Mariana Gómez, da Fundación Gaia Amazonas (Colombia).

Un primeiro relatorio sobre o impacto ambiental das Minas de San Fins foi presentado este sábado?no Centro?Socio-cultural de Vite en Santiago de Compostela durante o?III encontro sobre impactos da minaría, convocado polos 23 colectivos integrantes da rede ContraMINAcción (http://contraminaccion.org/), en colaboración coa plataforma internacional "Yes to Life, No to Mining" (http://www.yestolifenotomining.org). Posteriormente, divulgarase un relatorio escrito, que será enviado aos organismos internacionais e institucions públicas competentes en materia de medio ambiente e minaría.

Máis información:

http://contraminaccion.org/

http://www.yestolifenotomining.org

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...