Información

OS SOCIALISTAS CONSIDERAN “INFUMABLE” A CHANTAXE DE FEIJÓO POLA OPE DE EDUCACIÓN

Información
XornalGalicia 03 Marzo 2017 1135 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez Martínez, cualificou hoxe de “infumable” a “chantaxe” de Feijóo de convocar as OPE de ensino e sanidade a condición de aprobar os orzamentos do Estado. Dixo que hai “absoluta certeza de base xurídica máis que suficiente” ademais de “precedentes normativos” para convocar cos orzamentos prorrogados.

Fixéchela boa, presidente”, comezou Álvarez parafraseando ao portavoz de Política Institucional, que onte ironizaba co prólogo dos colaboradores de Feijóo a un libro de discursos presentado no Parlamento e que titulaban “Estiveches ben, presidente”. O responsable socialista reiterou que os orzamentos de 2016 determinaban unha taxa de reposición do cen por cen, e que ao estar prorrogados garanten un marco xurídico “idéntico”.

Sinalou que “o único que falta é vontade política”, unha vontade que si teñen outras comunidades autónomas como País Vasco ou Cantabria, que convocaron a dita OPE, e engadiu hoxe que ademais hai “precedentes normativos”. Lembrou que en 2012 a convocatoria repetiu a taxa de reposición dos orzamentos do ano anterior, que tamén estaban prorrogados.

Luis Álvarez sinalou que a “magna oferta” do presidente da Xunta de convocar 1.600 prazas na sanidade no caso de aprobar os orzamentos “non é un argumento xurídico, é político, é unha falsidade que non exista base xurídica”, apostillou.

Eliminar a taxa de reposición

O parlamentario socialista explicou por outra parte que “o que queremos é que se eliminen as taxas de reposición, para que cada Comunidade Autónoma poida facer as ofertas públicas de emprego que considere axeitada”. Concluíu que “se supostamente superamos a crise económica, se todo florece é razoable retomar o escenario anterior” á chegada das ditas limitacións.

Feixóo ten que dar explicacións pola sentenza que permitirá ás eléctricas subir o recibo da luz

Ana Pontón “Os tentáculos do lobby enerxético están nos consellos de ministros e na tamén na ...

O BNG impugna a reprobación da Mesa do parlamento a Luís Bará por rachar a foto de Felipe VI

Luís Bará Carece de sustento técnico-xuridico e atenta contra a liberdade de expresión

70 vídeos participan no certame Enreguéifate

Unha vez rematado o prazo para participar no certame Enreguéifate, foron máis de 70 os vídeos recib...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....