Información
Galicia

Navantia precisa incrementar a contratación directa, mudar a organización e potenciar reparacións e fabricación e alexar Feijóo da sua xestión

Información
01 Marzo 2017 1356 Votos

As Seccións Sindicais da CIG nos estaleiros de Fene e Ferrol, ante o anuncio por parte da SEPI dun próximo Plan estratéxico para Navantia, demandan que a través do mesmo se incremente a contratación directa, que se mude o sistema organizativo e manter e potenciar as actividades de reparacións e fabricacións. É dicir, elaborar un plan que permita recuperar emprego de calidade nunha comarca fortemente deprimida como é Ferrolterra.

 

"Dende a CIG queremos deixar claro que e este novo plan non pode ser igual ao do ano 2005 asinado polos sindicatos de CCOO, UGT e USTG. Ese plano conseguiu que na nosa comarca desapareceran máis de 1.400 postos de traballo fixo mediante prexubilacións que foron substituídas por postos de traballo na industria auxiliar cunha alta temporalidade e precariedade, e que ademais, a maior parte do tempo en número inferior aos postos de traballo perdido", aseveran dende as seccións sindicais.

Lembran ademais que ese plan "nunca conseguiu" un dos seus obxectivos primordiais: a viabilidade da empresa a través dos seus resultados económicos que "foron desastrosos".

Para a CIG este plano estratéxico, que ten que ser negociado polos comités de empresa e referendado polos traballadores/as, debe estar baseado nas seguintes premisas básicas:

1.- Ten que supoñer a eliminación desta subcontratación e aumentar a contratación directa, aumentando os actuais cadros de persoal. Para iso débese dotar a Fene do suficiente persoal para volver á construción naval civil e para poder realizar tamén con persoal propio as actividades complementarias, que se están realizando agora mesmo en enerxía eólica mariña, dando cabida a operarios/as que traballan na industria auxiliar.  Defenden tamén estabelecer un plan de novas incorporacións en Ferrol en todos os gremios que o necesiten "e que quedaron desmantelados na práctica no ano 2005, negociando coa parte social cales actividades son fundamentais para un estaleiro".

Paralelamente estabelecer un plan de xubilacións anticipadas mantido no tempo que permita xunto coa incorporación de novos mozos e mozas un relevo xeracional vital para manter a transferencia de coñecemento.

2.-Ten que corrixir un sistema organizativo que se implantou de forma unilateral por parte da dirección  "que está a ser un fracaso e que ninguén comparte dende os traballadores/as hasta os técnicos/as superiores da empresa".

3.- Ten que manter e potenciar as actividades de reparacións e fabricacións dotándoas das infraestruturas suficientes e incorporándoas a novos nichos de actividade. Que non supoña un limite as súas actividades como no pasado.

"Somos conscientes de que a intención de SEPI e da empresa van en sentido contrario: facer menos empresa e eliminar postos de traballo con dereitos, e polo tanto que van ser necesarias as mobilizacións para que unha comarca como a nosa non volva a sufrir outro grave axuste de persoal", advirten

 
 

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi