Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A pesar da forte choiva que caía hoxe en Compostela, foron moitos os delegados da área pública de CCOO e UGT, varios centos, os que se concentraron durante máis dunha hora diante do Parlamento de Galicia para demandar a recuperación dos dereitos roubados nestes últimos anos de crise e denunciar a ausencia de negociación da Xunta neste senso.

Esta nova mobilización enmárcase na campaña “Servizos públicos. Recuperación de dereitos roubados” que ambos sindicatos están a desenvolver en Galicia xa dende o mes pasado e que afecta a ensino, sanidade e Administración autonómica. Lembrar que xa tivo lugar outra concentración similar diante do Pazo do Hórreo o pasado día 25 de xaneiro, o día 31 convocáronse tamén concentracións nas catro sedes provinciais da Xunta e o 1 de febreiro foi a explanada do Sergas a que acolleu unha mobilización para demandar a recuperación dos acordos conxelados dentro do eido da sanidade pública galega.

Segundo a Xunta de Galicia, este sería o ano da recuperación, tras máis de oito anos de recortes de dereitos, rebaixas salariais, destrución de emprego, privatización de servizos e sacrificios sen fin. Non obstante, o certo é que os Orzamentos autonómicos para 2017 son máis do mesmo.

A Lei 1/2012, de medidas temporais, prorrogada nas sucesivas leis de orzamentos, contemplaba que a súa aplicación decaería coa mellora da situación económica de Galicia. En 2016 os datos publicitados pola Xunta confirman a mellora, polo que é obrigado devolver ás empregadas e empregados públicos os “dereitos roubados”.

A Xunta de Galicia convocou una Mesa xeral como mera formalidade que vulnera o dereito a negociación colectiva, procedendo UGT e CCOO a presentar recurso solicitando que se declare a convocatoria contraria a dereito, que se anule e se indemnice na contía dun euro ás organizacións sindicais.

Ambos sindicatos insisten en que o proxecto de orzamentos para o ano 2017 non contempla a recuperación de dereitos, nin incremento salarial, nin supresión de taxas de reposición e, ademais, acompáñanse dun proxecto de Lei de medidas de contrarreforma da Lei do emprego público de Galicia que nalgúns casos vulneran pactos e acordos coas organizacións sindicais.

CCOO e UGT demandan que os Orzamentos de 2017 habiliten un proceso de negociación para a recuperación de dereitos roubados:

  • Eliminación da taxa de reposición.

  • Ofertas excepcionais de emprego en sanidade, ensino, Administración xeral e laborais.

  • Recuperación real e efectiva do poder adquisitivo.

  • Aplicación do V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, na súa totalidade.

  • Concursos de traslados, de xeito sistemático e continuo, en toda a Administración autonómica.

  • Recuperación de pactos e acordos suspendidos.

  • Recuperación de dereitos suspendidos (IT, acción social, dereitos sindiciais…).

  • Estudo e tratamento da repercusión das sentenzas do TXUE sobre o traballo de duración determinada e a aplicación das mesmas.

Isto foi o que centos de delegados da área pública de UGT e CCOO demandaron hoxe na concentración que protagonizaron diante do Pazo do Hórreo en Santiago.

En las orgías del Partido Popular (sede Mallorca) drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”, según los autos del Juzgado..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

A dos años de legislatura de los alcalde de las MAREAS "nada que ver con PODEMOS", se han jactado a diario de sus fiestas políticas en sus horarios laborales, viajes...