Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

WhatsApp Image 2017 02 13 at 13.10.09

 A lentitude das distintas administracións implicadas na solución do problema non fai se non que provocar que a situación sexa máis complicada, creando incertidume e alarma social. Non pode escapar á acción política que a pataca é un cultivo tradicional na nosa Terra que ten, ademáis, unha importante función de axuda á economía das familias, e asi unha parte importante da pataca cultivada na Mariña é destinada a autoconsumo. As recentes novas sobre a posibilidade da prohibición de cultivo durante dous anos ven a ser unha nova lousa enriba da economía das familias, xa de por si moi feble pola crise.

Juan Carlos Piñeiro Docampo , como Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, de nacionalidade española, con domicilio a efectos de notificación o indicado no membrete. Como veciño de Burela,

EXPÓN:

A Couza Guatemalteca(Tecia Solanivora) estase a converter nun grave problema para o noso País e moi concretamente para a Comarca da Mariña desta provincia. A lentitude das distintas administracións implicadas na solución do problema non fai se non que provocar que a situación sexa máis complicada, creando incertidume e alarma social. Non pode escapar á acción política que a pataca é un cultivo tradicional na nosa Terra que ten, ademáis, unha importante función de axuda á economía das familias, e asi unha parte importante da pataca cultivada na Mariña é destinada a autoconsumo. As recentes novas sobre a posibilidade da prohibición de cultivo durante dous anos ven a ser unha nova lousa enriba da economía das familias, xa de por si moi feble pola crise.

A Constitución Española no artigo 29, apartado1 di: "todos os españois terán o dereito de petición individual e colectiva por escrito, na forma e cos efectos que determine a lei". A Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, desenvolve o dereito de Petición e a Lei 19/2013, de 9 de diciembre, desenvolve a transparencia, acceso a información pública bo goberno.

É por iso polo que como veciño de Burela e como Secretario Xeral do partido político COMPROMISO POR GALICIA,

SOLICITO:

  • Que a Diputación de Lugo artelle as medidas necesarias, dentro da súas competencias, para o control e erradicación da Couza Guatemalteca.

.

  • Que o goberno provincial, que vostede preside, presente no pleno unha modificación de crédito para crear unha partida adicada a paliar a perda de poder adquisitivo dos residentes na zona que se aplique a corentena, mediante axudas directas á adquisición de pataca de consumo que necesariamente sexa de orixe galega.

  • Que a Diputación de Lugo estableza unha liña de colaboración coa Escola Politénica Superior da Universidade de Santiago de Compostela (EPS-USC) e pertencente ao Campus de Lugo para desenvolver un proxecto de investigación ca fin da erradicación da praga na Mariña Luguesa

Burela, 13 de febreiro de 2017,

Asdo. Juan Carlos Piñeiro Docampo

Sº XERAL DE COMPROMISO por GALICIA

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos...