Información

O peso que Francisco Javier Sánchez Cantón tivo na consolidación e crecemento do Museo de Pontevedra foi o eixo central do relatorio co que Carlos Valle abriu o XV Memorial Filgueira Valverde

Información
02 Febrero 2017 1641 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Memorial Sanchez CantónBaixo o título "Sánchez Cantón e o Museo de Pontevedra (coa cidade ao fondo)" o actual director do Museo desvelou como Sánchez Cantón actuou como "un segundo director da entidade desde Madrid" e contribuíu ao seu desenvolvemento e proxección. O director do Museo estivo acompañado esta tarde polo vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, e polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.

Carlos Valle analizou con detalle na súa intervención o proceso da fundación, consolidación e desenvolvemento do Museo salientado moi especialmente o que denominou "a da tutela que, desde Madrid, exercía sobre ela Sánchez Cantón". Valle asegurou que "Sánchez Cantón era nos primeiros anos da súa vida, de feito, quen dirixía o Museo de Pontevedra desde a distancia e ao seu lado foi crecendo paulatinamente Xosé Filgueira Valverde, que viña sendo o responsable 'in situ', de todo canto lle afectaba, como eran as instalacións, coleccións, programación de actividades e proxección". Segundo explicou Carlos Valle "a consolidación plena de Filgueira Valverde á fronte do Museo producirase tras a inauguración, en agosto de 1943, do edificio García Flórez, en cuxas salas tiña un especial protagonismo o mundo do mar, tan decisivo na historia da cidade de Pontevedra." Como exemplo desta consolidación de Filgueira Valverde na súa faceta de director da institución museística pontevedresa, Valle citou unha carta de Sánchez Cantón a Filgueira escrita en Madrid en setembro dese ano 1943, na que o considera como o seu "cómplice" en todo canto, desde o seu nacemento, atinxía á vida do Museo  e lle pide que o atúe. Malia este recoñecemento, e segundo se desprende da correspondencia entre ambos, Filgueira non deixará de manter informado a Sánchez Cantón sobre a vida cotiá do Museo e de solicitar o seu consello ou a súa axuda cando a necesitaba. Precisamente a importancia dos intercambios epistolares ente Sánchez Cantón e Filgueira Valverde verase reflectida nunha publicación, que segundo anunciou Carlos Valle, verá a luz proximamente.

Rematou Carlos Valle a súa intervención  salientando o feito de que  Sánchez Cantón, falecido en Pontevedra, onde está enterrado, o 27 de novembro de 1971, legase ao Museo de Pontevedra a súa biblioteca e o seu arquivo persoal. "Un legado de capital significación para o coñecemento do acontecido no ámbito da Cultura en  Galicia , España e tamén,  en moitos aspectos, Europa, durante boa parte do século XX" asegurou Valle.

Francisco Javier Sánchez Cantón (Pontevedra, 1891-1971) foi unha das grandes personalidades do seu tempo no ámbito das Humanidades. Desenvolveu o esencial da súa carreira profesional en Madrid. Nunca esqueceu, sen embargo, as súas raíces galegas e, en particular, a súa orixe pontevedresa. Subdirector primeiro (1922) e director despois (1960) do Museo del Prado, foi tamén, entre outras moitas distincións e cargos que ocupou ao longo da súa vida, Membro de Número da Academia de Belas Artes de San Fernando (1921), da Historia (1934) e da Española (1949), chegando a presidir simultaneamente, feito excepcional, as dúas primeiras corporacións.

O XV Memorial Filgueira Valverde, organizado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e polo Museo de Pontevedra, pretende abordar catro capítulos esenciais na traxectoria de Francisco Javier Sánchez Cantón, aproveitando o 125 aniversario do seu nacemento, que se vén de cumprirse no 2016. A seguinte sesión do Memorial terá lugar o día 8 na Casa das Campás e será a responsable do Arquivo Documental do Museo de Pontevedra, María Jesús Fortes Alén, a que diserte sobre a relación entre Sánchez Cantón e Castelao. A terceira sesión celebrase o 22 de febreiro no Sexto Edificio baixo o título "Sánchez Cantón no Museo del Prado durante a Guerra Civil" e correrá a cargo de Judiht Ara Lázaro, coordinadora xeral técnica deste Museo estatal. O Memorial pecharase o día 22 na Casa das Campás co relatorio titulado "Sánchez Cantón e o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos", a cargo de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Todas as sesións terán lugar ás 20 horas.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi