Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Luis Pérez Freire, Javier bueno e Ricardo Durán, na apertura dos obradoiros do Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario desenvolvidos en GandAgro 2017

O Polo de Innovación Dixital impulsado ao abeiro do Campus Terra da USC e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) desenvolveu este xoves en GandAgro (Silleda) tres obradoiros que serviron para recoller as demandas de profesionais do eido agroalimentario e TIC, no tocante ao rol agardado polas tecnoloxías dixitais e os principais obstáculos que se atopan na súa implantación. As distintas achegas aportadas quedarán integradas nun único documento que aspira a definir as melloras que deben ser incorporadas no sector.

 

A sesión de traballo organizado polo Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimenario estivo presidida polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo e director do Campus Terra, Javier Bueno, e tamén contou coa participación do vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, quen actuou como dinamizador dos grupos de traballo nos que se recolleron as sensibilidades dos máis de medio centenar de profesionais asistentes. Na presentación dos obradoiros tamén participaron o director xeral de Gradiant, Luis Pérez Freire, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.

 

A xornada, estruturada en tres obradoiros, estivo dirixida a recoller contribucións de todos os axentes da cadea de valor e innovación no sector agroalimentario e no sector TIC, incluíndo a representantes de cooperativas e industrias, clústers e asociacións empresariais, membros de centros tecnolóxicos e grupos de investigación, representantes de empresas TIC, así como técnicos da administración pública involucrados na innovación deste eido.

 

No seo de cada obradoiro, elaboráronse sete grupos de traballo conformados por profesionais heteroxéneos que puideron expoñer as súas ideas verbo das carencias detectadas no sector e debater sobre elas. A información obtida a partir desta xornada será recompilada nun único documento que se enviará aos asistentes para que poidan realizar comentarios e modificacións. Este documento servirá de punto de partida para contribuír ao proceso de dixitalización do sector agroalimentario galego. Esta sesión de traballo tamén serviu para perfilar a participación de Galicia na iniciativa europa Plataforma S3 Agri-Food.

 

A clausura da xornada de traballo correu a cargo do vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, e contou coa presenza da Directora Xeral da Axencia Galega de Innovación, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria, Patricia Argerey.

 

Este foro a prol da innovación dixital no sector agroalimentario botou a andar o 6 de outubro na Casa do Saber do Campus Terra da USC e celebrou a súa primeira reunión de traballo o pasado 15 de decembro en Santiago de Compostela, onde se estableceu un plan de traballo a curto prazo.

 

Esta segunda sesión de traballo do Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario tivo lugar no marco da xornada inaugural de GandAgro 2017, o gran foro agropecuario de Galicia. O Campus Terra da USC conta neste evento cun espazo expositor onde poderá consultarse, durante os días 26, 27 e 28 de xaneiro, toda a oferta académica de grao, mestrado e doutoramento especializada na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...