Información

"Carballo é mar" un novo proxecto de promoción do litoral do municipio financiado nun 80 por cento pola Unión Europea

Información
XornalGalicia 01 Enero 2017 1911 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Praia de Razo

Dende este mes e ata setembro de 2017 o Concello de Carballo pon en marcha "Carballo é mar", un novo proxecto de promoción das costas do municipio que continúa outros dous programas de dinamización anteriores: "Carballo sendas do mar" e "Carballo mirando ao mar". Como estes, estará financiado, nun 80 por cento, polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca da Unión Europea

. Trátase dun proxecto de divulgación dos valores e da historia do LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Razo-Baldaio, partindo da convicción de que, para acadar unha implicación total da sociedade na protección, conservación e valores do LIC, debemos traballar na necesidade de que se coñeza e se aprecie esa historia do mar e a das xentes que se relacionaron con el.

O obxectivo do programa é que sexa un soporte de partida para outras accións que fagan do turismo un motor de desenvolvemento costeiro

O obxectivo tamén é que o programa sirva como soporte de partida para outras accións que fagan do turismo un motor de desenvolvemento local na área costeira de Carballo e, por extensión, de todo o termo municipal. As principais actividades obxecto do programa son catro. En primeiro lugar, a documentación, edición e publicación da historia dos naufraxios no litoral carballés, nun libro que se titulará Contos Mariños de Carballo. Será unha obra que documentará a historia dos naufraxios nas costas e que será tamén unha guía da historia oficial, mais tamén lendaria e mitolóxica, e mesmo da tradición oral carballesa.

Contidos dixitais e nas redes

En segundo lugar, elaboraranse contidos dixitais da obra para as redes sociais Facebook, Instagram, Twitter e Flickr de "Carballo, mirando ao mar". Xestionaranse esas redes e unha páxina web relacionada co proxecto. E recompilarase unha base de fotografías antigas relacionadas coas poboacións, a vida e os traballos no litoral de Carballo. En terceiro lugar, editaranse dúas unidades didácticas sobre o litoral carballés para os CEIP de os IES do municipio.

Por último, programaranse talleres de oportunidades laborais relacionados cos valores específicos do patrimonio cultural e natural do litoral carballés, respectando a sustentabilidade ambiental como elemento fundamental. Carballo é mar... vinde a coñecelo!

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi