Información
Galicia

Feijóo esquece desigualdades sociais e pobreza e ofrece unha chamada sen contido á colaboración

Información
01 Enero 2017 2143 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou que o presidente da Xunta fixera desaparecer do seu discurso de Fin de Ano ás desigualdades sociais e á pobreza “que agardabamos foran unha parte importante das súas preocupacións na mensaxe de fin de ano”.

O responsable socialista advertiu ademais que “sobre todo non parece que exista vontade de cambio dunhas políticas que se teñen revelado ineficientes e inefectivas”, co que o presidente da Xunta “persevera no erro” e “empéñase en demostrar uns supostos afectos orfos dunha consecuencia práctica”.

Lamentou que a chamada á colaboración e á unidade de Feijóo “estaría mellor si fora acompañada de instrumentos e propostas concretas para que puidera haber maior participación de todos e de todas, tamén da oposición política”. Engadiu que “participamos da idea da colaboración, pero dende o goberno deben dar pasos efectivos, ou do contrario será unha mera retórica sen contido”.

Fernández Leiceaga apunta que o presidente da Xunta “pouco a pouco asimila a descrición da situación de Galicia que facemos dende a oposición, como sucede nos problemas en materia de poboación ou de crecemento económico”. En calquera caso, sinala, esta rectificación resulta “insuficiente por canto deixa fora dos seus afectos a demasiada xente que sufre”.

O discurso de Fin de Ano renuncia así a incorporar “ningunha referencia aos mozos e mozas que teñen dificultades para atopar traballo, aqueles que están fora e non poden volver porque non poden comprar o billete, ou os que están aquí e teñen que irse a buscar traballo”. Tampouco inclúe aos pensionistas con dificultades para chegar a fin de mes, ou inclúe alusións “extremadamente vagas e imprecisas” aos sectores produtivos.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600