Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

 

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN OPACIDADE NA CONTRATACIÓN DE GASÓLEO PARA A CALEFACCIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS POR PARTE DA XUNTA

 

Luis Álvarez reclama liberdade para que os centros contraten máis barato

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 16. O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez Martínez, advertiu hoxe da “opacidade” demostrada pola Consellería de Educación na contratación da subministración de gasóleo para calefacción dos centros educativos de Galicia. O responsable socialista presentou unha serie de iniciativas sobre esta actuación “dunha eficiencia cando menos cuestionable”, por canto os centros poden atopar ofertas máis baratas pero non as poden contratar.

 

Advirte que o goberno galego decidiu distribuír o subministro de gasóleo en 70 lotes nos que reparte tódolos centros de Galicia, aos que obriga a contratar o gasóleo cunha determinada empresa a un prezo prefixado. O que en principio resulta “coherente coas obrigas adquiridas coas empresas adxudicatarias” en realidade tradúcese en impedirlle aos centros contratar o subministro a un prezo inferior ao estipulado no contrato.

Álvarez sinala que o procedemento escollido pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería é o negociado sen publicidade para acordar os lotes fraccionados, logo de ter declarado deserto un contrato de subministro único que anunciaron ao comezo. O novo procedemento concrétase en que é o goberno quen invita a participar ás tres empresas que considera pertinentes sen informar publicamente nin publicar o contrato no DOG.

O parlamentario socialista sinala que este proceso “supón un sobrecuste na adquisición deste subministro, quebrando de forma notoria o principio, non só de aforro, senón de eficiencia económica”, e por iso ofrécelle a oportunidade ao goberno galego de expoñer en sede parlamentaria os motivos e os resultados desta contratación.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...