Rehabilitación de dous lavadoiros en Corcubión

XornalGalicia  08 Diciembre 2016  1186 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Se destinarán 11.000 euros de cartos públicos a financiar os proxectos de rehabilitación e reconstrución de dous lavadoiros no concello de Corcubión. Un deles, no lugar de Quenxe, suporá un investimento de 5.515,84 euros e o segundo, na rúa Médico Vicente Fraguela, contará con 5.492,25 de orzamento. Ambas achegas foron aprobadas por unanimidade e representan o 80% do custe total das obras.

A primeira das actuacións, levarase a cabo no lavadoiro situado no lugar de Quenxe, no Concello de Corcubión, e contempla a demolición da cuberta actual e do pavemento de formigón que rodea a instalación, dado o seu actual estado de deterioro. As obras inclúen a construción dunha nova estrutura de madeira de castiñeiro que rematará nunha nova cuberta de tella do país. Asi mesmo, dotarase ao lavadoiro dun novo pavemento a base de lousas de granito albero.

Con esta actuación contribuirse a recuperar un elemento da cultura tradicional galega, facéndoo ademais con materiais autóctonos que se integren mellor co entorno que o rodea.

Para unha mellor canalización das augas, colocarase un novo colector soterrado de PVC para conducir as augas ao exterior, así como a execución dun colector de 125 m, que recolla a auga , mediante a instalación de sumidoiros no camiño, a fonte e baixo pavimento que rodea o lavadoiro.

Na segunda das obras, situada na rúa Médico Fraguela, tamén no Concello de Corcubión, as obras pretenden a recuperación e posta en funcionamento do lavadoiro situado neste lugar, sen uso dende hai anos. Para isto, desmontarase a parte da infraestrutura que queda en pé para montalo de novo a poucos metros do seu lugar de orixe, polo que serán necesarias pequenas obra de movemento de terras e canalizacións de abastecemento e saneamento de auga.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...