Información

500 escolares participaron no Campo de As Eiroas na fase local da Carreira de Campo a Través de Carballo

Información
XornalGalicia 01 Diciembre 2016 1500 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Saída da carreira infantil masculina

Saída da carreira infantil masculina

Máis de 500 deportistas do CEIP A Cristina, CEIP Fogar, CEIP Gándara Sofán, CEIP Nétoma Razo, CEIP Xesús San Luís Romero, Colexio Artai todos eles do Concello de Carballo; e do CEIP Otero Pedrayo de A Laracha participaron hoxe, mércores 30 de novembro, na fase local da Carreira de Campo a Través que organizan a Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo co patrocinio de Coca-Cola. As categorías da proba foron benxamín, infantil, alevín e cadete e as carreiras fóronse celebrando sen incidentes a partir das 10.15 horas, cun tempo frío pero axeitado para o desenvolvemento da proba no Campo de As Eiroas. Trátase dunha carreira clasificatoria para o Campionato intercomarcal.

Na proba participaron nenos e nenas dos centros de ensino de Carballo, e tamén do CEIP Otero Pedrayo de A Laracha

As distancias percorridas foron, para cadetes, 2.500 metros en categoría masculina e de 1.200 metros en feminina; para infantís 1.200 metros e 800 metros respectivamente; para alevíns, unha volta de 800 metros para a categoría masculina e de 600 para a feminina; e finalmente os benxamíns percorreron 500 metros nas dúas categorías. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, foron os encargados de entregarlles as medallas aos primeiros clasificados entre os aplausos do resto dos rapaces e rapazas e tamén de nais e pais que se achegaron ata o complexo do Parque Empresarial de Bértoa.

Os resultados das distintas probas por categorías, son os seguintes:

  • Cadete Masculino:
    • 1º David Castro, do Colexio Artai
    • 2º Lucas García, de Colexio Artai
    • 3º Ricardo Esmorís, do Colexio Artai
  • Cadete Feminino:
    • 1º Mara Fernández, do Colexio Artai
    • 2º Cristina Sánchez, do Colexio Artai
    • 3º Carla Teixeira, do Colexio Artai
  • Infantil Masculino:
    • 1º Antón González, do Colexio Artai
    • 2º Daniel Calvete, do CEIP Gándara-Sofán
    • 3º Miguel Cerviño, do Colexio Artai
  • Infantil Feminino:
    • 1º Ainoa Martínez, do CEIP Fogar
    • 2º Uxía Suárez, do Colexio Artai
    • 3º Andrea Aldao, do CEIP Nétoma-Razo
  • Alevín Masculino:
    • 1º Hugo Méndez, do CEIP Fogar
    • 2º José Manuel Negreira, do CEIP A Cristina
    • 3º Yerí Hisa, do CEIP Otero Pedrayo
  • Alevín Feminino:
    • 1º Paula Amado, do Colexio Artai
    • 2º Nerea Mallo, do CEIP Otero Pedrayo
    • 3º Clara Hernández, CEIP Gándara-Sofán
  • Benxamín Masculino:
    • 1º Guillermo Pastoriza, CEIP A Cristina
    • 2º Adrián Varela, do CEIP A Cristina
    • 3º Sergio Ventureira, do Colexio Artai
  • Benxamín Feminino:
    • 1º Carla González, do Colexio Artai
    • 2º Claudia Alonso, do CEIP Gándara-Sofán
    • 3º Uxía Pereira, do CEIP A Cristina

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi