Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

2Bárcena Dorotea 1 arqA actriz formou parte da xeración que puxo en pé o teatro profesional en Galicia, foi a primeira muller en dirixir o CDG e exerceu de intérprete, dramaturga e directora

Martes, 22 de novembro de 2016.- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quere manifestar o seu pesar polo falecemento da actriz Dorotea Bárcena. Para a Xunta Directiva da AAAG, Bárcena representaba “un referente artístico e persoal tanto para a súa xeración, que foi a que puxo en pé o teatro profesional ao longo dos anos setenta, como para as que viñeron despois e seguiron a construír a escena do noso país”.

Para a Xunta Directiva, tamén compre lembrar “o inmenso afecto” que sentía toda a profesión por Bárcena, “gran compañeira de traballo, de escena e da vida” e sinalan a súa traxectoria como exemplo, xa que ao longo da súa carreira cultivou o oficio dende diferentes facetas: actriz, dramaturga, directora, produtora e fundadora de compañías de teatro. Bárcena é, “ademais de pioneira e referente, un exemplo rotundo para as profesionais do sector, ao ter aberto camiños laborais e por se converter na primeira muller que dirixiu o Centro Dramático Galego. ” A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), polo tanto, lamenta a perda da nosa compañeira e amosa o seu cariño e afecto nestes momentos.

DOROTEA BÁRCENA

Nacida en Oviedo en 1944, Dorotea Bárcena exerceu de actriz, dramaturga e directora teatral. Diplomouse en Maxisterio e exerceu a docencia en Vigo até que abandonou este oficio para dedicarse por enteiro á escena. En 1970 creou, xunto con Xúlio Lago, o grupo Esperpento, formación moi activa no incipiente teatro galego. Nesta agrupación dirixiu as súas primeiras montaxes: As bicicletas, (1972) e A orxía (1973). Como actriz, formou parte dos elencos de propostas como Os opositores, O vendedor de peixe ou O home que se converteu en can. Participou naquela época na dirección das Xornadas de Teatro que Esperpento desenvolveu en Vigo.

En 1985, a compañía Teatro do Atlántico principiou a súa andaina profesional coa montaxe Xoana, cuxo texto pertencía a Manuel Lourenzo e a dirección recaía en Xúlio Lago. Dorotea Bárcena participa como actriz desta produción. No Centro Dramático Galego, traballou na súa segunda montaxe, Agasallo de Sombras, dirixida en 1984 por Roberto Vidal Bolaño. Catro anos despois, a directora encárgase da montaxe Follas Novas da institución pública. Trátase dunha peza propia adaptada a partir da obra de Rosalía de Castro. Nese mesmo ano, convértese na primeira muller en dirixir a unidade do Centro Dramático Galego.

Como actriz participou nun gran número de montaxes teatrais. Con Vidal Bolaño como director repetiría no CDG en 1999, cando o dramaturgo se encargou da adaptación da monumental Xelmírez ou a Gloria de Compostela, un texto de Daniel Cortezón levado a escena durante o Xacobeo 99. Bárcena formou parte dun amplo elenco, conformado por preto de trinta artistas. No ano 1992, Dorotea Bárcena formou parte do elenco de Medea, producida para a Olimpiada Cultural (Barcelona, 1992) xunto a Núria Espert e Irene Papas

En 1987, Dorotea Bárcena creou a compañía Teatro da Lúa, coa que desenvolveu as funcións de dramaturga, actriz e directora. Entre as montaxes da formación atópanse producións como Sigrid era só unha moneca rota, A Irmandade do Graal,Ultimamente non durmo nada ouAs troianas. Traballou con outras compañías en obras como Kvetch, de Teatro do Morcego, ou Un cranio furado, de Producións Excéntricas.

No ámbito audiovisual, Bárcena traballou en diversas películas e series. No cine, destacan as súas participación en pezas como Divinas palabras. Para o público da TVG, Dorotea Bárcena resulta moi coñecida pola súas interpretacións en programas como O show dos Tonechos ou series como Escoba!

Recibiu galardóns como Premio Agapi á Mellor Intepretación feminina por El Baile de las ánimas e Premio de Honra Marisa Soto en 2006.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...