73 traballadores da USC recibiron a Insignia Fonseca en recoñecemento a máis de 30 anos de servizo

XornalGalicia  19 Noviembre 2016  1133 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Foto do grupo cos traballadores e traballadoras da USC distinguidos coa Insignia Fonseca. Foto. Servimav-USC

Recoñecendo a dedicación daquelas traballadoras e traballadores con máis de 30 anos de servizos na USC, o reitor Juan Viaño impúxolle este venres a Insignia Fonseca a un total de 73 integrantes dos cadros de Persoal Docente e Investigador (PDI) e de Administración e Servizos (PAS). “Hoxe recoñecemos a vosa plena dedicación, imprescindible para lograr o noso obxectivo común como universidade”, dixo o reitor como agradecemento polo esforzo e polas “miles de horas do seu tempo, do pagado e do non pagado, dedicadas a loitar porque os nosos e as nosas estudantes tiveran a mellor docencia e o mellor servizo”.
Só “coa dedicación xenerosa e con esforzo constante é como se consegue consolidar a unha institución con 4.000 traballadoras e 25.000 estudantes” engadiu Juan Viaño, quen recoñeceu nos homenaxeados a cualidade de ser “memoria desta universidade”. Soamente “co traballo ben feito é como se logra avanzar cada día na mellor universidade posible” dixo, para concluír agradecendo “o traballo feito, o traballo ben feito, e moitas grazas polo traballo, polo traballo ben feito, que aínda vos queda por facer”.
Na quenda de intervencións tomaron a palabra en representación dos traballadores e traballadoras distinguidos Juan Mariñas Liste e Máximo Plo Casasús que rememoraron nos seus discursos as súas respectivas traxectorias na USC dende á década dos 80, deixando constancia do “ gran orgullo de pertencer á USC” así como da satisfacción persoal da súa dilatada traxectoria.
Por parte do PDI recibiron a Insignia Fonseca M. Jaime Barreiro, María R. Bastida, Francisco J. Benavente, Mª del Carmen Blanco, Rosa Mª Calvo,  Alejo Carballeira, Juan J. Carmona, Francisco J. Castro, Francisco J. Constenla, Antonio J. Crespo, Mª Teresa Criado, Olga Díaz, José Ángel Docobo, Mª Isabel Fraga, Mª José García Blanco, José R. García Méndez, Juan Antonio Garzón, Esther Gómez Fórneas, José Domingo González Bahillo,  Mª Luz González Caamaño, Roberto Herránz, Mª Elisa Lage, Mª Dolores Isabel Lorenzo, Mª Ángeles Luengo, José R. Mariño Ferro, Ramón Martínez Pacheco, Alberto Meijide, Desiderio Novoa, Máximo Plo, José A. Redondo, Mª Celina Rodicio, Manuela Rodríguez Moreiras, Andrés A. Rosende, Ignacio Salazar, Margarita Santos, Victoriano Urgorri, Nathalie C. Vandenberghe, Manuel Veiga, Enrique Viéitez e Ramón Villares.
Polo PAS, foron merecedores da Insignia Mª Elisa Alcalde, Keith Ammerman, Mª Cándida Arias, José T. Barcala, Carmen Bermejo, Francisco J. Carracedo, Lois Celeiro, Mª Carmen Cereijo, José Manuel Couso, Eladia Fernández Adrio, Cristina García López, Mercedes García Rego, Mª del Carmen Gil, José R. Lema, Mª Teresa López Lajos, Mª Teresa Lueiro, Juan Mariñas, Antonio Martínez Bellón, Mª Victoria Meijide, Manuel Míguez, Eva Mª Moreira, José R. Novoa Lareo, Pilar del Oro, Mª Dolores Otero, Mª Cristina Paradela, Mª del Carmen Pazos, Mª Jesús Penido, Xosé A. Regos, Manuel Ríos, Consuelo Rozas, Emilio Santos, Dolores Valiñas e Mª Carmen Vázquez Castro.
Xunto ao reitor, completaban a mesa presidencia a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes; e os de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo e de Oferta Docente e Innovación Educativa, Javier Bueno Lema e Roberto López López, respectivamente; e o xerente, José Manuel Villanueva Prieto.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...