Información
Galicia

As analíticas preliminares aos resto oseos de dous dos nenos atopados na Lanzada sitúanos nos séculos I e II d.C

Información
15 Noviembre 2016 1868 votos

restos arqueolóxicos

A Deputación de Pontevedra vén de obter os resultados das probas do carbono 14 realizadas a varios dos restos atopados na escavación arqueolóxica do Campo da Lanzada, en Sanxenxo, no laboratorio "Beta Analytics" de Miami. Estas probas sitúan a dous dos nenos atopados entre os séculos I d.C. (o máis próximo ao de "Cornelia") e a outro dos pequenos no século II d.C. Lembramos que ata o momento o equipo de Arqueoloxía da institución provincial xa atopou no Campo da Lanzada un total de 15 corpos, 11 deles correspondentes a nenos e nenas, 3 a persoas adultas e, ademais, os restos dun can. Estas probas sinalan, á vez, que todos eses 11 nenos e nenas atopados tiñan menos dun ano de idade no momento de falecer.

Malia a isto, a Deputación de Pontevedra volverá remitir máis probas a este mesmo laboratorio para confirmar a análise feita aos restos da muller coñecida como "Cornelia". Isto é así porque a proba sinala que "Cornelia" pertence ao século V d.C., pero considérase que debido á súa dieta cun alto consumo de mariscos e de peixe isto resultou nunha alta presenza de coláxeno, o que puido producir unha variación analítica nos seus ósos. Por este motivo, o equipo de Arqueoloxía da institución provincial remitirá de novo ao laboratorio máis ósos que permitan concretar unha data, vista a disparidade entre as obtidas nas análises realizadas e "Cornelia" e ao resto de corpos atopados no xacemento arqueolóxico.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....