Información
Galicia

SOGAMA gábase de ter un dos índices de reciclaxe máis baixos de Europa

Información
09 Noviembre 2016 1867 Votos

cid part2 0F827449 975C9490adegaLogo de 8 anos de silencio (e por imperativo legal, consonte a Lei 1/2016 de Transparencia) SOGAMA vén de publicar a súa memoria de actividade de 2015. Dende 2008, e coincidindo coa chegada de Feijóo ao poder, as cifras de SOGAMA eran segredo de estado. Tan só datos espallados nos Planos de residuos e algún outro documento solto permitían á sociedade galega, accionista maioritaria da empresa (51% Xunta; 49% GN Fenosa), albiscar o que estaba a acontecer intramuros do complexo de Cerceda.

Uns índices de reciclaxe propios do franquismo

As cifras que amosa esta memoria de sustentabilidade de 2015 (accesíbel nesta http://www.sogama.es/sites/default/files/users/1/memoria_sostenibilidad_sogama_2015.pdf" target="_blank">LIGAZÓN, e só en español) explican a renuencia da Xunta a partillar esta información en público. Nese ano, o índice total de reciclaxe (toneladas recicladas/toneladas xestionadas) acadou o 0,00332. Isto é, SOGAMA só recicla 3,32 toneladas de cada 100 que recibe (3,32%), un dos índices máis baixos de Europa e tecnicamente equivalente a un vertedoiro. Chama tamén a atención que as cifras de reciclaxe no 2015 foran mesmo inferiores ás de 2014 (6,3%) e 2013 (3,4%): SOGAMA cada vez recicla menos!
Se comparamos estas ridículas cifras de reciclaxe coas que amosan os outros sistemas cos que SOGAMA compite en desventaxa en Galiza, para o complexo de Nostián (Coruña e a Mancomunidade das Mariñas) a reciclaxe acada o 13,4%; e para a Mancomunidade Serra do Barbanza (Lousame) o 35,7%. Cómpre perguntármonos como é que a Xunta-SOGAMA vai cumprir cos obxectivos mínimos de reciclaxe que a UE fixa no 50% para 2020, se cada ano recicla menos!

Os postos de traballo tampouco son excusa

 

Outras interesantes conclusións que podemos tirar da memoria que vén de publicar SOGAMA refírense aos postos de traballo que xenera unha instalación que "trata" o lixo do 94% dos concellos galegos. Cun custo anual de máis de 118 millóns de €, o persoal propio de SOGAMA ascende a 23 persoas, todas de perfil administrativo e técnico. E contando o emprego das empresas subcontratadas, hai outras 329 persoas que traballan no complexo, facendo un total de 352.
Considerando a cantidade de residuos xestionados por SOGAMA, o ratio de postos de traballo para 100.000 toneladas é de aproximadamente 43. Facendo o mesmo cálculo para a planta de compostaxe da Mancomunidade do Barbanza, que emprega a 150 persoas para tratar 34.000 toneladas/ano, a intensidade de xeración de traballo por cada 100.000 toneladas sería de 441. A compostaxe xenera unhas 10 veces máis postos de traballo que a incineración / vertido!

A Comisión Europea sinala que a incineración de SOGAMA é eliminación

Nunha recente comunicación, a Comisión Europea vén de respostar a unha pregunta de Josu Juaristi (EH Bildu) apresentada a inciativa do BNG, confirmando que SOGAMA nen sequera valoriza enerxeticamente a metade dos residuos que recibe e incinera, tal como http://www.adega.gal/info/090121joomla/ultimas-novas/1006-denuncia-en-europa-contra-a-politica-de-residuos-da-xunta-sogama" target="_blank">denunciamos os colectivos ecoloxistas galegos.
A CE argumenta que “a explotación das instalacións [incineradora] con níveis de eficiencia enerxética inferiores ao umbral está autorizada, pero debe considerarse que efectúan unha eliminación, e non unha valorización”. Se ben non é ilegal que SOGAMA incinere por debaixo dos níveis de eficiencia que marca a Directiva de residuos 2009/98/CE, o que fai non pode ser considerado valorización enerxética e si eliminación (último chanzo na xerarquía de tratamento). SOGAMA manda directamente a vertedoiro o 26% dos residuos que recibe (datos da memoria de 2015), queimando o 74% restante, malia a publicitar –e cobrar- como valorización enerxética o que non é máis que outra forma de vertido.
A 4 anos de que a reciclaxe teña que acadar o mínimo do 50% fixado pola UE, a Xunta parabenízanse por ter chegado ao 3,3%. Cun modelo máis propio dos anos 70 do pasado século, SOGAMA segue engulindo enormes cantidades de recursos públicos inmune a toda lexislación e a toda lóxica. Que intereses hai derás deste enorme despropósito?

Ligazóns

Novas relacionadas

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi