Información

Compromiso por Galicia, encabezada polo secretario nacional de organización Manoel Vello, celebrou este sábado unha ofrenda floral e un acto de homenaxe na tumba de Luis Porteiro Garea

Información
XornalGalicia 30 Octubre 2016 1632 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

tumbamanoelvello2Luis Porteiro Garea, fundador das Irmandades da Fala en Santiago de Compostela.No ano do cen aniversario do nacemento das Irmandades da Fala, Compromiso quixo pór de relevo a figura do avogado Luis Porteiro Garea, que antonte día 27 de Outubro fixo 98 anos do seu pasamento, acontecido con 29 anos por causa da epidemia de gripe.

Luis Porteiro Garea naceu en Lugo en 1889 e finou en Frades en 1918. No cemiterio de Gafoi (Pontecarreira) descansa o compañeiro de aulas de Quintanilla, Castelao. Ribalta e os irmáns Vilar Ponte. Avogado con despacho en Santiago onde defendeu aos labregos de Nebra (Mártires de Nebra), exerceu de secretario no concello de Arzúa e foi catedrático da Facultade de Dereito da USC.

 En 1915 sae elexido concelleiro na Corporación do Concello de Santiago de Compostela pola candidatura agrarista e galeguista.

Nace a Irmandade da Fala n´A Coruña o 18 de Maio de 1916 e dez días despois, o 28 de Maio, Luis Porteiro Garea funda a Irmandade da Fala de Santiago de Compostela, sendo concelleiro. Presentouse como candidato ás Cortes polo distrito de Celanova.Entendía Galicia como diferente a España mais recoñecía a grande interrelación. Foi o auténtico motor na segunda década do século XX de dotar a Galicia dunha construción política propia, e a iso dedicou os seus últimos esforzos como organizador da Asemblea de Lugo no hotel Méndez Núñez e auténtico ideólogo do Manifesto Nacionalista de Lugo, que por morrer tres semanas antes, o seu pasante Luis Peña Novo se encarregou de defender.

Ramón Cabanillas, o grande poeta de Cambados autor de  "Da Terra Asoballada" recoñeceu o compromiso de Luis Porteiro Garea dedicándolle a el o poema "En pé", auténtico himno de todo o galeguismo

El PSOE reclama a Monserrat un sistema unificado para acceder a todas las historias clínicas en cualquier parte del territorio

    • Modesto Pose critica que desde el año 2012, el Gobierno del PP ha venido reduci...

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....