O BNG votará non á investidura de Feijóo

XornalGalicia  29 Octubre 2016  1139 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ana Pontón co presidente do Parlamento Galego Ana Pontón co presidente do Parlamento Galego A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón transmite ao presidente da Mesa do Parlamento, Miguel Santalices a posición do BNG contraria a Núñez Feijóo e as políticas que representa o Partido popular

A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón anunciou hoxe o voto en contra do grupo nacionalista á investidura de Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta de Galiza na sesión plenaria prevista para a segunda semana de novembro.

Ana PontónTras reunirse co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, a portavoz nacionalista  compareceu ante os medios de comunicación e manifestou que o BNG non fixo ningunha proposta de candidata ou candidato e ante a proposta do Partido popular, emitiremos o voto a un modelo económico social e político que se está impoñendo é  resulta “prexudicial para o noso país e para todos os galegos e galegas”.

Trala rolda de consultas do presidente do Parlamento cos grupos, previa á investidura de Feijóo, Ana Pontón recalcou que o Partido popular quere impoñer un modelo que cualificou da “desigualdade” e comprobamos como neste momento se está a orquestrar a nivel estatal “un reforzamento do réxime e recentralización” ademais de políticas neoliberais e contrarias aos intereses de Galiza. Fronte este escenario, a portavoz nacionalista recalcou que o BNG será “a voz desa Galiza rebelde e inconformista e que busca outra alternativa”.

 Traballaremos dende a oposición para ofrecer esta alternativa e “o noso voto será polo tanto contrario ao que representa Núñez Feijóo e as políticas do Partido popular”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...