Información
Galicia

O Curtas Film Fest transforma Vilagarcía na “meca do cine” a partir do 24 de outubro

Información
21 Octubre 2016 2223 Votos
O festival de cine decano de Galicia, o Curtas Film Fest celebra 44 anos de traxectoria convertendo a Vilagarcía na meca do cine. Ademais da proxección das curtas seleccionadas no certame (ao que se presentaron máis de 2.000 traballos), a partir do día 24 e ata o 1 de novembro, a capital arousá rezumará cine polos catro costados coa proxección de grandes películas para todos os gustos, exposicións, sesións de firmas de autógrafos, desfiles galácticos, obradoiros de maquillaxe de monstros, ginkana terrorífica e ata a procesión da Santa Compaña. Todo de balde.
19.10.2016.- O Liceo-Casino cedeu o ano pasado a organización Curtas Film Fest a Asociación de Curtas de Vilagarcía e a dirección do certame ao vilagarcián Luis Miguel Rosales, que tamén dirixe Nocturna, o festival de cine fantástico de Madrid. Para a celebración desta 44 edición, a organización conta ca implicación e o respaldo económico do Concello de Vilagarcía que decidiu apostar forte por este evento. De feito, este ano a colaboración municipal ascende a 11.450 euros. A Deputación Provincial tamén apostou polo Curtas Film Fest cunha subvención de 6.000 euros e a súa inclusión co circuíto de festivais de cine de ámbito internacional existentes en Galicia que, ademais do de Vilagarcía son o Festival de Cans, o Play Doc de Tui e o Fic de Bueu
Aínda as actividades pasarelas do festival comezaron a principios de outubro coa mostra da Sala Rivas Briones, a programación da “semana de cine” propiamente dita ábrese o luns, 24 de outubro e prolongarase ata o 1 de novembro.
O Liceo-Casino e o Salón García serán os lugares onde se proxecten tanto as curtametraxes seleccionadas como as películas dos catro ciclos nos que se estrutura o certame. Son: “Volta aos 80” (con títulos como Cazafantasmas, Gremlins, Regreso al Futuro ou ET, entre outras); “Da viñeta ao cómic” (no que se poderán ver Batman, 330 ou Hellboy); “Cinefilias” (onde de enmarcan as proxeccións de Mad Max, Arsénico por Compasión, La Trilogía de APU ou Cinema Paraiso) e “Animacurtas”, que inclúe a exhibición de películas animadas como La chica que saltaba a través del tiempo ou Miss Ledya, a primeira longametraxe galega de animación.
Os recoñecidos ilustradores Juan Giménez, Salvador Larroca e Alfonso Azopiri protagonizarán unha das sesións de firma de autógrafos previstas e tamén actuarán de guías da exposición da sala Rivas Brións na que se amosan os seus traballos. Tamén asinarán autógrafos Kiko Dasilva , Fernando Iglesias e Mo Caró.
Xogos de rol, videoxogos e moitas festas e desfile das tropas imperiais de Star Wars
Outras das numerosas actividades paralelas e que se desenvolverán no marco do certame de curtas serán o torneo de video xogos, xogos de rol, unha festa nocturna coa temática da Volta aos 80, Concurso Cosplay, o desfile das tropas imperias de Star Wars e encontros con autores e directores.
O día 31 de outubro, será unha xornada festiva completamente dedicada ao Samaín. As rúas ambientaranse durante todo o día coa temática dos espíritos e mortos e haberá un obradoiro de cabazas, unha sesión de maquillaxe monstruoso para que calquera que o desexe acuda a que o transformen nun ser do máis aló, haberá proxeccións relacionadas co tema, unha ginkana terrorífica polas rúas e ata saíra en procesión a Santa Compaña para pechar a festa no Baile dos Vampiros coa entrega de premios aos mellores disfraces.
Gran éxito de público na exposición da Rivas
As actividades do 44 certame Audiovisual Internacional de Vilagarcía de Arousa comezaron xa hai dúas semanas coa inauguración da exposición sobre o mundo do cómic, temática central do Curtas Film Festa deste ano, instalada na Sala Rivas Briones e que está sendo todo un éxito de público. A mostra, na que poden verse figuras xigantes de superheroes do cómic levados ao cine (Hulk, Batman, Spiderman…), ata maquetas e bonecos utilizados na rodaxe de películas como Gremlins Terminator, Men in Black, ou Alien, a ilustracións orixinais de cómics ou fanzines firmados por grandes e recoñecidos autores da talla de Juan Giménez ou Salvador Larroca.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi