Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os responsables da Área Pública de CCOO presentaron hoxe a campañaO sindicato, que hoxe presentou unha campaña de asesoramento xurídico, calcula que unhas 42.200 persoas en Galicia poderían estar incluídas en situacións que a Xustiza europea considera «irregulares»

Comisións Obreiras (CCOO) insta a Xunta de Galicia a «actuar xa» para evitar a vía xudicial na problemática do persoal das Administracións públicas. A petición débese a que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) declarou «ilegal» e «discriminatoria» a indemnización que a lexislación española establece para as traballadoras e traballadores temporais en caso de extinción do seu contrato de traballo ou do nomeamento administrativo temporal. Así mesmo, recoñeceu o dereito do persoal interino a unha indemnización que actualmente non recolle a lexislación española.

Os responsables da Área Pública de CCOO presentaron hoxe a campaña

Segundo CCOO, estas sentenzas poñen ao descuberto «graves carencias na nosa lexislación», que prexudican «seriamente» un «elevado» número de traballadores e traballadoras en todo o estado. O sindicato atribúe a situación ás políticas «baseadas na precariedade» que acometeron os gobernos estatal e autonómico nestes anos de crise.
Debido a isto, a Área Pública de CCOO de Galicia presentou hoxe, en conferencia de prensa, unha campaña informativa so o lema «#ReclamaciónTemporais», dirixida ás traballadoras e traballadores —tanto do sector público como do privado— para ofrecerlles asesoramento xurídico e sindical sobre os efectos das ditas sentenzas.
O coordinador da Área Pública de CCOO, Ramiro Otero, sinala que en Galicia hai aproximadamente 185.000 empregadas e empregados públicos, dos que case o 70 % pertencen ao ámbito da Xunta de Galicia e resto, en porcentaxes similares, á Administración Xeral do Estado e ás Administracións locais. De todas estas, ao redor de 42.200 persoas, das que o 65 % pertencen aos concellos, poderían estar incluídas en situacións que a Xustiza europea considera agora «irregulares».
Debido á magnitude do problema, CCOO considera que a Xunta «non pode cruzarse de mans», nin tampouco o Goberno en funcións «pode estar parado, porque aínda ten marxe de actuación». Isto, unido a que xa comeza a haber sentenzas no estado español que asumen o argumentario do TXUE, «fai desexable chegae a unha solución que evite a vía xudicial». Polo de agora, houbo unha xuntanza de ámbito estatal coa ministra de Emprego, e tamén en Galicia co conselleiro de Facenda, reunións nas que Comisións xa expuxo esta visión.
Na conferencia de prensa en que se presentou a campaña tamén interviñeron a secretaria xeral de CCOO-Ensino, Luz López, e o seu homólogo de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, que explicaron as particularidades con que se atopan nos seus respectivos ámbitos.
López achacou este problema aos responsables das Administracións públicas e á «irrisoria» taxa de reposición, que provocou tanto a destrución de emprego público como a cobertura de maneira interina de postos de traballo estruturais, e ilustrouno cun dato: no 2009, a taxa de interinidade no ensino en Galicia era de case o 5 %, mentres que agora é do 13 %.
Pola súa parte, Cameselle sinalou que o groso do persoal interino da función pública galega está no ámbito do SERGAS, e defendeu unha oferta pública de emprego (OPE) para cubrir de maneira estable os postos de traballo estruturais, postura que tamén defendeu o coordinador da Área Pública de CCOO.
Por último, Ramiro Otero lembrou que, con independencia da decisión que adopte a Xunta, CCOO pon os seus departamentos xurídicos ao servizo das persoas que desexen formular as pertinentes reclamacións. «O sindicato está á súa disposición», enfatizou.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...