Peregrina Quintela gaña o premio ‘María Josefa Wonenburger’

XornalGalicia  19 Septiembre 2016  1693 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O xurado do Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016 decidiu este venres concederllo á catedrática de Matemática Aplicada da USC Peregrina Quintela Estévez. O premio, que cumpre o seu décimo aniversario, convócao a Xunta de Galicia para destacar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía.
Peregrina Quintela está especializada en modelado matemático, análise matemática e simulación numérica en modelos de física, enxeñaría e ciencias aplicadas. Durante a súa carreira combinou a dedicación á ensinanza, investigación e a transferencia de coñecementos e a xestión. Na actualidade é ademais presidenta da Rede Española Matemática-Industria (math-in) e directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).
Dez Mulleres, cinco delas da USC O premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias. Dende a súa creación, foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron e abrirán camiños a moitas outras. Dos dez premios conseguidos ata hoxe, cinco foron para profesoras da USC.
A primeira premiada foi Inmaculada Paz Andrade, catedrática emérita de Física Aplicada da Universidade de Santiago; un ano despois recibiuno María Teresa Miras Portugal, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Complutense de Madrid; e no ano 2009 Marisol Soengas González, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.
En 2010 a premiada foi Carmen Navarro Fernández-Balbuena, xefa do servizo de Anatomía Patolóxica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; en 2011 foi Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC; e en 2012 María Tarsy Carballas Fernández, edafóloga, profesora da USC e investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas.
En 2013 a galardoada foi María José Alonso Fernández, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, e en 2014 o premio foi para a catedrática de Enxeñaría de Telecomunicación, Carmen García Mateo. Finalmente, o ano pasado a premiada foi a arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...