Segue a contaminacion impune do río Pesqueiras afluente do Miño, o Goberno de Feijóo (PPdeG) na XUNTA DE GALICIA fai caso omiso ás denuncias.

XornalGalicia  11 Septiembre 2016  2063 visitas

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

feijoo autoriza la contaminacion de galicia y ofrece impunidadContaminando impunemente e a pracer o río Pesqueiras afluente do Miño que nace nas proximidades de Escairón , capitalidade do Saviñao, na zona da Lama e na zona do Parque Empresarial. A XUnta se gasta op dilapida. millóns de euros en analíticas das augas de Galicia, e se fan como unha burla a ciudadanía, pois as empresas dos seus afins políticos, teñen dereito de pernada para contamionar e envenar a ciudadanía impunemente, no día 20 Julio 2016 se presentaba denuncia por estes feitos do Río Pesquerías, e como respota a veciñanza e ciudadanía, que encontra ¡¡¡ Mais contaminación impune !!! como resposta as suas inquedanzas ante unha administración pública que suas obligacións "in vigilando" so estan alerta o día un de cada mes para levarse os cartos públicos a medio de jugosos soldos para manter, corruptelas políticas e empresariales, un "modus operandi" do PPdeG xa moi coñecido en toda Europa, España e concretamente en Galicia, e se fai a sabiendas de que o barco de Marcial Dourado, narcotraficante amigo de Feijóo, non pode navegar río arriba....Que parecera o único con direitos políticos sin explicacións tras anos de proifunda amizade...?

Fotos do río Pesqueiras tiradas este 10 de septiembre 2.016 onde nada se sabe das denuncias da ciudadanía nen dos responsables encargados de tramitalas. Feijóo de esta forma "CONTAMINA" Galicia dende o río Pesqueiras hhasta ENCE na Ría de Pontevedra.

 

Ver; https://www.facebook.com/XornalGalicia/photos/?tab=album&album_id=1139506772803123

 

riodaminainfancia1O río Pesqueiras é un afluente do Miño que nace nas proximidades de Escairón , capitalidade do Saviñao , na zona da Lama e na zona do Parque Empresarial . Despois dúns dous quilómetros pasa pegado á central láctea de Celega , para continuar uns 5 quilómetros despois ata o lugar de Pesqueiras , e dende alí iniciar o pronunciado descenso ata a desembocadura no Miño , xusto na base da presa de Belesar .

        Este río foi couto de pesca ata hai uns 20 anos , no que a contaminación exerzeu de verdugo da vida piscícola , e nas súas marxes operaban ata sete muíños .

       Neste febreiro pasado , recibíronse na asociación multitude de queixas polo alarmante estado das augas que baixaban espumosas , e malolentes pese a gran cantidade de choiva caída . De feito as dúas fotos seguintes foron feitas por un veciño que vive nas proximidades do río , no lugar da Veiga , e úns 4 quilómetros e medio despois do paso do cauce pola central láctea de Celega .

        Tamén se comprobou o fedorento olor das augas o paso do río baixo a estrada e corredor rápido , á altura do desvio ó lugar de Vilamor e da confluencia do rego Saviñao , úns dous quilómetros e medio máis abaixo da central .riodaminainfancia5

        Na procura dunha denuncia efectiva desta situación , que se ven repetindo dende hai máis de 15 anos , a asociación ADEGA ineteresouse pola situación e ofreceuse para tratar de buscar unha solución . Coa intención de intentar a recuperación da vida ecolóxica deste rio , a asociación veciñal elabora este informe que aportará a asociación ecoloxista .

       Esta central láctea CELEGA , xa recibíu varias denuncias medioambientais , pero parece que é máis rendible o pago das multas administartivas que a solución definitiva do problema . Dende a veciñanza só pretendemos que a empresa invirta unha pequena porcentaxe dos seus beneficios na reposición das condicións naturais do río Pesqueiras .

     A empresa Celega orixinaria adicábase a produción de queixo , e xa daquela fora sancionada por Medio Ambiente . Actualmente , despois da sua venda , é unha pranta de almacenamento de leite onde conflúen unha gran cantidade de camións cisterna . Dende aquí é transportada ata Toledo .riodaminainfancia4

       O río Pesqueiras , pese a recibir a auga da depuradora de Escairón , baixa nun aceptable estado ata que se achega á central láctea de Celega . Proba delo son as fotos que aportamos , dúns 200 metros augas arriba da central , nas que se aprecia a vexetación ripícola habitual . Por elo consideramos á empresa Celega directamente responsable da contaminación actual e das últimas décadas , e supoñemos que non será dificil esta confirmación unha vez feita a analise das augas a  carón da central e cauce abaixo .

        A situación cambia a partir do punto en que o río bordea a central , unha vez pasado o muiño , que serve de referencia .

       A empresa conta con depuradora , pero esta non debe ser suficiente para depurar a cantidade de resíduo producido . Quizais o problema principal radique na gran cantidade de cisternas que diariamente son limpadas  na pranta , nas que se utiliza a sosa ,  e nalgúns casos acidos decapantes . A área de limpeza está ubicada na zona baixa da pranta , case que pegada ó río . É probable que non se esté a neutralizar as perigosas variacións de pH dos líquidos residuais .riodaminainfancia3

        Pouco mais abaixo do muiño a empresa fai a captación da auga , supostamente limpa , do cauce do río .

       Case que de inmediato , pódense ver dentro da pranta os dous chorros de verquido , o da esquerda é a saída da depuradora

        Seguindo o curso descendente do río , ó pouco vese o tubo de verquido ó cauce , que é o único “ visible “ de toda a pranta .

     Seguimos bordeando a pranta no sentido descendente . Vese a depuradora e a zona de lavado das cisternas , con un enmarañado de tuberias e gomas que conectan supostamente os residuos da limpeza coa depuradora .

        Aínda que vemos algún tubo derivado ata a caseta inferior que non pasa pola depuradora . A esta altura xa se nota no leito a falla de vexetación .

        Úns 60 metros abaixo xa se deixa notar a contaminación . Vese o leito totalmente “queimado” , tan só se ven unhas formas filamentosas ou algodonosas adheridas ó fondo , de cor nacarado – branquecino , quizais restos da vexetación morta . 12

        O aspecto das augas e do leito do río agrávase úns 100 metros abaixo da pranta , pois ademais das formacións branquecinas fixadas no fondo , tamén se ven outras flotando , incluso aparecen algunhas sólidas con aspecto de tripa . É dende aquí onde se aprecian tubos que baixan directamente da zona de lavado das cisternas , sen pasar pola depuradora .

       Seguindo o curso descendente do río , recorremos o tramo de 2 – 2 quilometros e medio , ata que o curso pasa baixo a estrada Monforte – Chantada , a altura de Vilatán . O aspecto é igualmente desolador , co leito exento totalmente de vexetación , vese o fondo inerte e tan só algúns restos de limo morto . Incluso as terras que foron anegadas nas medras invernais carecen de vida .

        Unha vez pasado o río baixo as estradas Monforte – Chantada , recibe un importante afluente : o río Saviñao , de parecido caudal . Ó pouco atópanse os muiños da Graña . No canal de carga repétese a mesma imaxe , fondo sen vexetación e restos dos limos mortos . Baixo os muiños as rochas vense desprovistas do musgo habitual . A partires daquí o río baixa máis rápido , pasando á veira do Churrasco Pepe , con similares características , pese ó novo caudal recibido .

       Úns catro quilómetros abaixo pasa rápido polo lugar da Veiga onde se dera a voz de alarma a inicios de febreiro . Agora non hai espuma , pero a vexetación fluvial segue sen aparecer , aínda que nas veiras xa se intúe vida .

       Pouco antes de iniciar o pronunciado descenso ata o Miño , 5 quilómetros augas abaixo da pranta , pasa polo lugar de Torno en Pesqueiras , máis sosegado e paralelo a unhas hortas . Aquí é o primeiro lugar onde se empeza a ver nacemento de vexetación no leito do cauce , o que indica que a recuperación é posible . Logo de pasar o lugar de Pesqueiras , repártese entre o cauce natural e o desvio que alimenta a minicentral hidroeléctrica , para caer case vertical ata desembocar no Miño , ós pés da presa de Belesar .

        Dende a asociación enviamos este informe a ADEGA , motivados non tanto pola denuncia da orixe da contaminación , senón máis pola necesidade de buscar a recuperación das condicións biolóxicas e da biodiversidade dun río ampliamente utilizado polo home dende sempre ata a actualidade . Para elo solicitamos da empresa Celega que executen as medidas correctoras necesarias para manter este río como algo vivo .

        En Escairón , a 6 de maio do 2016 .

[DOC]Pladesemapesga, pone las irregularidades del PP en el incendio de ...

pladesemapesga.com/.../Pladesemapesga,%20pone%20las%20irregularidades%20del...
Pladesemapesga, pone las irregularidades del PP en el incendio de las ... quien aseguró que se han colocado instrumentos para el análisis de aguas de la ría de ... do Medio Mariño (Intecmar) de los datos recogidos hasta el momento de los ...

[PDF]ASUNTO: Denuncia Fondos Estructurales FEDER ... - Pladesemapesga

pladesemapesga.com/attachments/article/.../A%20la%20Fiscalía%20Europea_signed.p...
25 ago. 2016 - realizó 10.426 análisis para el control de biotoxinas, de las que 4.458 ... las aguas no interviene ni el Intecmar ni la Xunta de Galicia, si no que, ...

Comunicados - Pladesemapesga

pladesemapesga.com/comunicados
... do Mar, INTECMAR por los convenios de analíticas pagados con Fondos Europeos. ... A este respecto, durante el analisis del asunto, la OLAF ha obtenido .... Un negocio orquestado por Xulio Ferreiro para "extorsionar subidas de agua ...

Pladesemapesga pone en conocimiento del defensor do pobo ...

xornalgalicia.com/1749-pladesemapesga-pone-en-conocimiento-... Traducir esta página
19 ago. 2016 - Pladesemapesga pone en conocimiento del defensor do pobo presuntas ... de (384.000,00€) por convenio para analíticas de aguas del litoral de Galicia. ... Corresponde al INTECMAR asumir de este presupuesto, .... Reportaje, análisis secuencial del/los accidentes de Super Pumas Sar en España de libr.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...