Información

Barbanza e a Costa da Morte, protagonistas da terceira etapa da rolda española, que rematou nunha espectacular ascensión ao mirador do Ézaro

Información
23 Agosto 2016 1688 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Milleiros de persoas seguiron a terceira etapa de La Vuelta durante os 176,4 quilómetros que separan Marín (Pontevedra) e o miradoiro do Ézaro, en Dumbría, onde a serpe multicolor recibiu unha multitudinaria benvida por parte dos numerosos veciños, apostados nas marxes da estrada de subida ao monte dende primeiras horas da mañá, e chegados dende diversos puntos da Costa da Morte.

No podio instalado no alto do miradoiro, o primeiro clasificado nesta terceira etapa, Alex Geniez (FDJ), recibiu o seu trofeo de mans do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado provincial e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro.

Este ano, a Deputación da Coruña é unha das entidades colaboradoras de La Vuelta 2016, patrocinando as dúas etapas que discorren por territorio coruñés e levando por toda España un stand de promoción da gastronomía tradicional coruñesa, cunha campaña denominada "A Coruña por sabor".

No seu percorrido coruñés, o itinerario pasou por Boiro, Noia, Serra de Outes, O Freixo, Mazaricos, Serres, Caldebarcos, Quilmas e O Pindo, entre outras localidades, deixando ao seu paso dous portos de terceira e segunda categoría, o alto de Lestaio (450 m.) e o das Paxareiras (515 metros), e impresionantes imaxes nas que as comarcas de Barbanza e a Costa da Morte foron protagonistas.

Hai catro anos, unha etapa de La Vuelta xa rematou na espectacular ascensión ao Miradoiro do Ézaro , "uno de los sitios más bellos por los que ha pasado la ronda española en los últimos años", segundo afirma a propia organización do evento na súa páxina web.

Nesta 71º edición, o Ézaro volveu a ser protagonista nunha xornada calorosa, na que milleiros de afeccionados gozaron do mellor ciclismo

Impacto social e económico

En declaracións tras a entrega de trofeos desta terceira etapa, González Formoso destacou o "importante impacto social e económico" que a ronda española ten nas diferentes comarcas polas que discorre, xa que se trata dun evento seguido por televisión en 190 países e que ten un importante retorno económico para os municipios polos que pasa.

O presidente provincial afirmou que a Deputación aposta pola Vuelta como "un gran escaparate para mostrar ao mundo os múltiples atractivos da provincia da Coruña, tanto do interior como da costa, e para dar a coñecer o enorme potencial dos nosos produtos gastronómicos máis alá das nosas fronteiras".

A Coruña por sabor

Dumbría acolleu tamén durante a xornada de hoxe o stand co que a Deputación promocionará a gastronomía coruñesa ao longo de toda España durante as 21 etapas de La Vuelta. Conservas, pementos, queixos e produtos lácteos, embutidos, torta de Santiago e vermú foron algúns dos produtos que se puideron degustar e que levarán o sabor da provincia da Coruña por toda a xeografía española.

A selección dos produtos realizouse en coordinación co director de cátering de La Vuelta, Iñaki Albistur, tomando como base as empresas que colaboran nas rutas de Turismo Industrial promocionadas pola Deputación. Entre outros produtos, puidéronse degustar conservas 1884 (Camariñas), Porto Muíños (Cerceda), La Pureza (Cariño), Mar de Ardora (Ortigueira), Amieiro (Cariño) e Benboa (Ribeira), así como patacas fritas de Bonilla (A Coruña) carnes e embutidos de Raposo (Dumbría), queixos e produtos lácteos da Queixería Barral (Arzúa), Queixerías do Ulla (Vedra) e Casa Grande de Xanceda (Mesía), pementos de A Pemeteira de Herbón (Padrón) e a Cooperativa O Val (Narón), tortas de Lestedo (Boqueixón) e vermú St. Petroni (Padrón).

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi