Información
Galicia

A beleza dos sons de Uxía e Narf únense nas Baladas da Galiza imaxinaria e visitan o Verán Cultural

Información
11 Agosto 2016 1372 votos

Baladas da Galiza imaxinaria

Uxía e Narf

Uxía, unha das voces máis importantes da música en Galicia, e Narf, compositor e cantor cunha longa traxectoria musical, únense para crear o seu primeiro traballo discográfico conxunto: Baladas da Galiza Imaxinaria. Un disco que nace do talento e da sensibilidade destes dous grandes músicos que en cada balada deixan a alma e as ventás dos corazóns inquedos e emocionados. Tal como describe o músico Santiago Auserón , “Uxía e Narf converten ao ser galego en ámbito de alcance universal, do que nos invitan a facernos partícipes a través da sensibilidade musical máis próxima e refinada”.

O disco nace do talento e da sensibilidade de dous músicos que deixan a alma e as ventás dos corazóns inquedos e emocionados

A cantante Uxía leva xa preto de 30 anos de carreira, escribindo palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do ser, da alma. Trátase dunha das voces máis populares e valoradas en lingua galega. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal.Desde o seu debut con Foliada de Marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.

Unha fiestra para a saudade ou a esperanza

Fran Pérez, Narf é un compositor e cantor de longo recorrido, parte do cal está ligado á contorna do mundo lusófono. Gústalle definirse como “cancionista” e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade. Ten catro discos editados e en solitario, a dúo, en trío ou con banda, ten presentado a súa música en festivais internacionais en Brasil, Mozambique, Arxentina, Reino Unido, Cuba ou Alemaña. Agora uniu o seu camiño co de Uxía para presentar estas baladas que poden verse desde ópticas tan diversas como a curiosidade, a lembranza, a saudade, a esperanza, o descoñecemento, a crítica ou mesmo o desencanto.

Non perdades a oportunidade de gozar con eles, o venres 12 de agosto a partir das 22.30 horas no palco da Praza do Concello e co programa do Verán Cultural.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi