Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Compromiso por Galicia quere expresar a súa desolación pola vaga de lumes que sufre Galicia e que demostran o fracaso de Núñez Feijóo e do Partido Popular. Diante dun goberno sen solucións, queremos insistir na necesidade de adoptar medidas urxentes para a loita contra os lumes, que deberían derivar nun novo marco de acción co cambio de goberno na Xunta de Galicia.

Para Compromiso, a prevención é a medida máis eficaz e a educación ambiental ten que ser un ferramenta imprescindible, para crear conciencia na sociedade sobre a importancia de preservar a biodiversidade e os ecosistemas. Tamén consideramos importante recuperar as competencias en materia de prevención, pois nestes intres están nas mans dos concellos, entidades que non teñen en moitos casos recursos para unha xestión eficiente.Os galeguistas entendemos que se debe impulsar un novo plano forestal, no que se abran novas vías para o aproveitamento dos nosos montes, coa plantación de especies autóctonas en combinación con outros aproveitamentos silvícolas, como o cultivo de cogomelos, froitos de monte ou fomentando o pastoreo.

Compromiso tamén aposta por recuperar as terras de cultivo, axudando aos emprendedores que queiran dedicarse a agricultura e gandería. Porque o abandono destes dous sectores produtivos, forestal e agro, fai que teñamos centos de parcelas cheas de maleza, de biomasa, que chegado o verán son auténticos focos de lume.Durante décadas o Partido Popular gobernou de costas ao noso monte e ao medio ambiente, fomentando o monocultivo, desmantelando o servizo contra incendios e sen políticas axeitadas de prevención.O seu fracaso cóntase en milleiros de hectáreas queimadas cada tempada.

Desde Compromiso pensamos que é o momento dunha nova política forestal e medio ambiental. E defendemos un cambio que sirva, dunha vez por todas, para promover un novo modelo de xestión que protexa o noso país.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...