Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 A doazón, que está a ser incorporada á Biblioteca e ao Arquivo gráfico, foi feita por un cirurxián francés colaborador das Rutas Cicloturísticas do Románico que tiña unha grande relación con Galiza e cos responsables do Museo en particular.

Tanto o deputado de Cultura, Xosé Leal, como do director do Museo, Carlos Valle, cualificaron de "incorporación excepcional" este legado, que foi cedido testamentariamente  polo doutor Jean-Claude Vinourd (1933-2015). Este afamado  cirurxián francés, parisiense con raíces familiares  no Limousin, formouse nos hospitais da prestixiosa ‘Asistencia Pública de París', da que foi Xefe de Clínica-Profesor Adxunto. Asentouse finalmente en Rouen  (Normandía), onde comezou a interesarse pola arte Románica, estilo no que, a pesar de non ser historiador profesional, foi un gran especialista, recoñecido e valorado como tal  polos maiores expertos.

Jean-Claude Vinourd comezou a relacionarse con Galicia, pola que peregrinou fotografando os seus monumentos románicos, nos anos setenta do pasado século. A partir da década seguinte as súas visitas pasaron a ser máis frecuentes debido á estreita relación persoal que tiña cos responsables do Museo de Pontevedra, e incluso pasou a ser colaborador tamén das Rutas Cicloturísticas do Románico.

Compoñen o legado arredor de 15.000 diapositivas de gran formato, así como centenares de negativos e fotografías en branco e negro de monumentos románicos de toda Europa, singularmente  de Francia e o norte da Península Ibérica. O conxunto é valioso en si mesmo pola súa entidade e tamén pola  calidade dos materiais que o compoñen. Moitas fotografías, ademais, documentan monumentos, aspectos  ou detalles  hoxe modificados ou mesmo xa inexistentes.

A segunda parte do legado está formada por un nutrido  bloque de monografías e revistas científicas especializadas na arte da Idade Media en xeral e do Románico en particular.

Coa recepción de todos estes materiais o Museo de Pontevedra, posuidor xa dunha biblioteca e uns arquivos moi valiosos, reforza a súa significación como un centro de imprescindible referencia para a investigación en xeral, e para a do Patrimonio histórico-artístico galego en concreto.

A Deputación de Pontevedra, da man do seu deputado de Cultura, Xosé Leal, e da dirección do  Museo de Pontevedra, quere agradecer publicamente a "extraordinaria colaboración" que recibiu dos familiares do doutor Jean-Claude Vinourd para a materialización do legado testamentario e, moi especialmente, da súa viúva, Anne-Marie Montaigne-Vinourd.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...