Información

Non é certo que a vontade maioritaria expresada primeiro o 20 de decembro do pasado ano e despois este recente 26 de xuño sexa que Rajoy volva ser presidente do goberno.

Información
XornalGalicia 20 Julio 2016 1291 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

o MarcoSomos Recortes Cero-Grupo Verde, “A Quinta” forza política a escala nacional cun programa de goberno.Presentámonos ás pasadas eleccións xerais nas 52 circunscripcions, en toda España; Para iso por lei tivemos que recoller 72241 avales. Aínda non conseguimos escanos pero fomos unha das poucas forzas que o 26 J aumentou en votos en todo o territorio nacional.

Presentámonos cun programa que ten como obxectivo central a Redistribución da Riqueza. Somos conscientes de que o obxectivo que defendemos non se consegue “en dous días”, require traballo, esforzo, tesón e organización. Pensamos que a Redistribución da Riqueza é a alternativa para acabar por completo cos recortes e o paro, estamos convencidos diso.

Pero estamos tamén convencidos de que para que hoxe se abra paso un camiño ao servizo do país e da maioría, debémonos unir todas as forzas progresistas para que non se repita outro goberno do PP e se forme un goberno de progreso. Estamos convencidos diso e dispostos a traballar de forma incansable por este obxectivo.

Non é certo que a vontade maioritaria expresada primeiro o 20 de decembro do pasado ano e despois este recente 26 de xuño sexa que Rajoy volva ser presidente do goberno. De forma interesada se magnifica a pequena recuperación de votos do PP cando a realidade é que só o 22% do censo e tres de cada dez votantes lles apoiaron. A vontade maioritaria expresada por case quince millóns de votantes: os votantes do PSOE, de Unidos Podemos, de Cidadáns e de moitas outras opcións como UPyD, BNG... e por suposto Recortes Cero-Grupo Verde é a dun goberno de progreso. Unha vontade que como sucede nas democracias representativas s expresou a través de opcións diferentes pero que ten unha dirección clara: ”Queremos un goberno de cambio que poña freo aos recortes, acometa a regeneración democrática e acabe coa corrupción”

Pode representar Rajoy esta vontade? Non, en absoluto. Durante a campaña Rajoy presumiu de recuperación económica pero a realidade é a contraria. A débeda pública superou o límite do 100% do PIB, “pagar intereses incrementando a débeda” esa é a súa brilante xestión; a realidade é que co goberno de Rajoy aumentou a porcentaxe de capital estranxeiro ata o 47%, empresas como Deoleo (a maior empresa aceitera do mundo) pasou a mans do City Bank e Gamesa (empresa punta en aerogeneradores para a enerxía eólica) pasou a ser alemá; co goberno de Rajoy recortáronse as pensións cambiando a lei que obrigaba subilas co IPC por un mísero 0,25% anual e se lle arrebatáron á hucha das pensións 40.000 millóns de euros, máis da metade do aforrado. Non, alguén con esta xestión económica non pode traer ningún cambio senón máis endeudamento e degradación. Baixo a presidencia de Rajoy os casos de corrupción foron continuos ata o hartazgo, ata ter a súa propia sé central embargada por un caso de corrupción. Non, é evidente que Rajoy non pode encabezar ningunha rexeneración democrática, encabeza a dexeneración. Este domingo a prensa fixo público que Bruxelas esixe ao novo goberno dez mil millóns en recortes, isto é o mesmo que 555 euros por traballador activo. Rajoy  se comprometeu en público e en privado coa Comisión europea a executar estes recortes. Dende logo é seguro que Rajoy non vai poñer ningún freo aos recortes, ao contrario si consegue o goberno vai acrecentalos.

Non podemos nin debemos permitirnos catro anos máis de PP que trouxo o empobrecimiento e o incremento das desigualdades; o retroceso de importantes conquistas sociais; a perda de liberdades que xa dabamos por consolidadas; o avance da corrupción e a dexeneración da democracia.

Necesitamos outro goberno que revierta os recortes, defenda a sanidade e a educación públicas, os dereitos laborais, a cultura e o medio-ambiente, que protexa aos autónomos e as pymes e cre emprego.

O PSOE, Unidos Podemos e Cidadáns que son as tres opcións nas que de forma maioritaria os españois depositaron a súa confianza para acometer este cambio; poden e deben sentarse a dialogar para acordar uns mínimos que satisfagan as demandas cidadás, formando un goberno que represente a vontade da maioría social. Non poden, nin deben deixar pasar esa segunda oportunidade, teñen a responsabilidade de evitar catro anos máis do goberno responsable dos maiores recortes da historia da democracia. Un goberno que a maioría rexeitamos. Só depende da vontade política. PSOE, Unidos Podemos e Cidadáns deben guiarse polos intereses de conxunto da cidadanía por diante de intereses de calquera outra índole, deben primar o fundamental que lles une e apartar as diferenzas de acordo aos intereses da maioría dos españois. Non facelo significaría ir en contra do manifestado dúas veces xa polas urnas.

Otros articulos relacionados.....