Santos sinalou no inicio dos debates de PODEMOS GALICIA que “temos unha diversidade de opinións, pero vai ser a maioría nunha votación a que decida cal vai ser a forma na que Podemos concorra a Xunta de Galicia.

XornalGalicia  17 Julio 2016  1067 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Podemos Galicia inicia o seu proceso de participación e debate recollendo máis de cento cincuenta propostas na Coruña e Lugo.

Os máis de cen asistentes ao encontro provincial da Coruña, e os preto de cincuenta asistentes á xuntanza de Lugo, repartíronse en grupos de traballo conformados por entre 10 e 15 persoas que abordaron o debate e achegaron propostas sobre como democratizar En Marea, cómo integrar no proxecto ás mareas municipais e as plataformas cidadás, as preferencias á hora de configurar as primarias e a elaboración do programa colaborativo.

As xornadas provinciais de participación e debate de Podemos Galicia, que ao longo da fin de semana percorrerán a xeografía galega, deron comenzo hoxe coa celebración dos encontros de A Coruña e Lugo. Iníciase así o proceso que a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, marcou no documento político organizativo que avalaron os inscritos nas recentes eleccións internas de abril.

En declaracións aos medios antes de comezar as xornadas, a secretaría xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, sinalou que “Demostramos con estas xuntanzas esta fin de semana nas catro provincias que realmente, tal como prometemos, e imos a levar adiante, as bases da nosa organización, esa base cidadá, vai estar presente en todo o proceso cara a construción dá alternativa ao PP en Galicia”.

Santos tamén sinalou que “temos unha diversidade de opinións, pero despois vai ser a maioría nunha votación a que decida cal vai ser a forma na que Podemos concorra. Obviamente, se todos pensásemos igual, non existiría o debate”. O secretario de organización de Podemos Galicia, Juan Merlo afirmou pola súa banda que “a Análise do 26X mostra que a xente quere un proxecto no que verse reflectida, e conseguilo é a responsabilidade que se pon Podemos Galicia”.

Marcelo Armendáriz, secretario político da organización, sinalou que “sabemos que chegaremos a acordos para ser máis fortes, a cuestión é se ese acordo será pre ou post electoral, se queremos pechar un acordo previo en modo coalición ou ir por separado e traballar logo xuntos para sacar adiante as propostas”.

No encontro da mañá, encargouse de abrir as xornadas e dar a benvida, a secretaria xeral de Podemos na Coruña, Isabel Faraldo, acompañada do conselleiro cidadán de Podemos Galicia, Pancho Casal, que presentou a metodoloxía das xornadas.

Pola súa banda, a xuntanza celebrada na cidade de Lugo contou coa asistencia de preto de cincuenta persoas. O encontro contou coa presenza do secretario xeral de Lugo, Javier Folgueira, que fixo as veces de mestre de ceremonias, acompañado polo membro do Consello Cidadán autonómico, José Manuel Pérez, que presentou a metodoloxía de traballo da xuntanza.

Os máis de cen asistentes ao encontro provincial da Coruña repartíronse en oito grupos de traballo conformados por entre 10 e 15 persoas que abordaron o debate e achegaron propostas sobre como democratizar En Marea, como integrar no proxecto ás mareas municipais e as plataformas cidadás, as preferencias á hora de configurar as primarias e a elaboración do programa colaborativo. En Lugo, os inscritos desenvolveron o debate e a elaboración das achegas organizados en cinco grupos de traballo.

Destas xornadas saen preto de cento cincuenta propostas -unha media de tres por cada un dos puntos tratados- ás que se unirán as do resto de provincias. A secretaria de participación de Podemos Galicia, Begoña Hermida, será a encargada de recoller as valoracións expostas e trasladalas á secretaría política que elaborará un documento que sirva de base á hora de abordar a reunión autonómica de Podemos Galicia que seguirá ás xornadas desta fin de semana.

As xornadas continuarán mañá coa xuntanza de Vigo, ás 12.00 no Hotel Coia –rúa Sanxenxo nº 1–, pechándose no Ateneo de Ourense, na avda. Habana 25, ás 19.30.

Hoy PODEMOS GALICIA y Carmen Santos están más ... - Xornal Galicia 

xornalgalicia.com/.../1178-hoy-podemos-galicia-y-carmen-santos-estan-mas-debiles-s...
2 jul. 2016 - Carmen Santos circula por los 30 años y ha cumplido su meta de vida más importante. Logró posicionarse por delante de Riobóo, alcanzó el ...

Carmen Santos Secretaria de Podemos-Galicia si ... - Xornal Galicia 

xornalgalicia.com/.../1227-carmen-santos-secretaria-de-podemos-... Traducir esta página 
7 jul. 2016 - A tendencia en Galicia camiña a cara a outra lexislatura de Feijóo sostida e apoiada polos comportamentos de Xulio Ferreiro e Martiño ...

Hoy PODEMOS GALICIA y Carmen Santos están más ... - Xornal Galicia 

xornalgalicia.com/1179-hoy-podemos-galicia-y-carmen-santos-estan-mas-debiles-sol...
3 jul. 2016 - El Presidente de Pladesemapesga Miguel Delgado, dice estar convencido de que en las elecciones a la Xunta de Galicia este 2016 habrá ...

Pablo Igrexas vende e apuñala a Carmen santos a ... - Xornal Galicia 

xornalgalicia.com › Galicia Traducir esta página 
hace 5 días - Carmen Santos é requirida a Madrid pola cúpula de PODEMOS para advertirlle sobre a crítica aos principios pouco éticos segundo Pablo ...

Bases Podemos Coruña y Lugo, junto con sus ... - Xornal Galicia 

xornalgalicia.com/.../110-bases-podemos-coruna-y-lugo-junto-con-sus-afiliados-ha-e...
La victoria de Carmen Queiruga Santos es una gran noticia y a la vez alegría para nosotros que se traslada a toda la ciudadanía de Galicia, y todos juntos ...
 

Carmen Santos é requirida pola cúpula de PODEMOS para advertirlle ... 

xornaldegalicia.es › Especiales + › Política
Xornal de Galicia 12 Julio 2016 Sección; Especiales 32 Votos ... En Madrid cóntanlle a Carmen Santos que o futuro político de PODEMOS e PODEMOS ...

Xornal de Galicia para el Mundo 

xornaldegalicia.es/
La actualidad desde la primera hasta la última noticia en el Xornal de Galicia ... Carmen Santos é requirida pola cúpula de PODEMOS para advertirlle sobre a ...

Carmen Santos Secretaria de Podemos-Galicia si segue co novo ... 

xornaldegalicia.es › Portada
Xornal de Galicia 07 Julio 2016 45 Votos ... Está aquí: Inicio · Portada; Carmen Santos Secretaria de Podemos-Galicia si segue co novo rumbo marcado, non ...

Hoy me he desayunado con la noticia de que Carmen Santos ... 

xornaldegalicia.es › Opinión › Por Carlos Gonzalez Armada
Xornal de Galicia 26 Mayo 2016 Sección; Opinión 389 Votos ... Hoy me he desayunado con la noticia de que Carmen Santos Queiruga había ampliado
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...