Información

Ana Pontón insta á mobilización masiva o 25S e encher as urnas de orgullo e confianza nas propias forzas

Información
XornalGalicia 23 Septiembre 2016 1644 Votos Sección ; Elecciones municipales de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • Acto público en Santiago de Compostela“Temos dereito a algo mellor que a Galiza máis pobre e desigual que nos deixa Feijóo, o candidato do partido que representa paro e corrupción”
  • Á xente moza: “Tendes que ser o motor do tempo novo que propón o BNG e non resignarvos a escoller entre precariedade ou emigración”

A 48 horas de rematar a campaña electoral, a candidata nacionalista á Presidencia, Ana Pontón, fixo un chamamento para que haxa unha votación masiva o 25S e que ningunha persoa que aposte por unha mudanza real se quede na casa o domingo, “porque de nada servirá lamentarse ao día seguinte”.

“A todos e todas ás que queredes derrotar a Feijóo pero que non vos conformades cun cambio de caras, que queredes un cambio real desde un proxecto de país pídovos que enchades as urnas de orgullo e de confianza nas nosas propias forzas para que Galiza avance, pídovos que enchades as urnas de votos ao BNG”, proclamou Pontón desde a compostelá praza de Cervantes, acompañada do cabeza de lista pola Coruña, Xosé Luís Rivas, Mini, do portavoz municipal, Rubén Cela entre outros, nun mitin conducido por Xurxo Souto.

A candidata pediu o apoio a todos os galegos e galegas, -votasen o que votasen en anteriores eleccións-, “porque temos un proxecto capaz de sacar Galiza adiante, porque somos garantía de que Feijóo non vai ter segundas oportunidades tras o 25S, e sei que hai moita hoxe desencantada co espectáculo das forzas estatais, que nin deron unha alternativa ao PP nin aproveitaron a súa minoría para derogar leis inxustas como as contrarreformas laborais, a lei mordaza ou a LOMCE”. “O BNG non lle vai fallar a xente deste país”, sintetizou.

PP no banquillo

Pontón deixou claro que este é un país con capacidade e riqueza, que merece un goberno a altura “do seu talento e potencial”.

“Temos dereito a algo mellor que a Galiza máis pobre e desigual que nos deixa Feijóo, ese é o legado do candidato do partido que representa paro e corrupción, o candidato dun partido que vai estar sentado no banquillo dos acusados”, denunciou, lembrando que apenas poucas horas despois de pechar as urnas empezará o xuízo polas tarxetas black, ao que se suma “Gürtel, Pokemon, Rato, Bárcenas, Bárbera, Baltar”.

“É o partido da corrupción sistémica, das amnistías fiscais aos defraudadores mentres recortan en sanidade, educación e dependencia, e o partido onde Baltar pode agredir as mulleres e Feijóo mira para outro lado ou, peor aínda, tenta igualar vítima e verdugo. Cero compromiso coa igualdade, cero compromiso contra a corrupción, ese é o candidato popular, que o 25S empezará a formar parte do pasado”, asegurou.

Rebeldía e inconformismo

Para abrir ese tempo novo que defende o Bloque, Pontón lanzou unha mensaxe expresa a xente moza, a que está aquí soportando precariedade ou paro, e a que está fora emigrada. “O futuro e voso e non deixedes que ninguén volo arrebate, e menos quen se erixe en fiel executor de políticas sen corazón”, proclamou, tras facer un convite expreso a que sexan “o motor do cambio”.

“A vosa rebeldía e inconformismo nas urnas é a forza que precisamos para derrotar ao PP”, salientou, “é fundamental para construír unha Galiza con futuro, e non deixedes que ninguén vos convenza de que tendes que resignarvos a elixir entre salarios de miseria, paro ou emigración. Outra Galiza é posible como a que defende o proxecto do BNG e construirémola co voso apoio”.

Pontón pechou o mitin asegurando que cada vez son máis as persoas que miran cara o Bloque, como se percibe no apoio crecente ao longo de toda a campaña, como se percibe en todos os actos electorais e no entusiasmo e traballo da militancia, dos simpatizantes e de todos e cada un dos candidatos e das candidatas, -explicou- “ese é o verdadeiro efectoPontón do que tanto se fala”.

“Sermos a chave para quitarlle a maioría absoluta de Feijóo, e abrir un tempo novo, con ilusión e con confianza”, concluíu.

Ciudadanos denuncia la desorganización del gobierno de Dieste en Boiro (PPdeG)

Javier Chouza: “El alcalde es incapaz de organizar la administración... ..+

#XulioFerreiro "traspasou" a fronteira dos desfavorecidos para solicitar antidisturbios para ir contra seus pr…

Denuncian que XULIO FERREIRO, esta "LITERALMENTE ATRINCHERADO COMO UN OCUPA... ..+

El Hijo de Rosa Quintana, usa el sello IGP de origen protegida de Ternera Galega para venderla como NOVILLO ARGENTINO "bajo una solicitud de subvención pública" que "renuncio".

02-07-2018 Hits:853 hoy XornalGalicia

Marcos Ortega Quintana según la web www.ganadosortega.com esta introduciendo en el marcado mediante “encargo y venta online” anunciando a clinetes como TROPIC BURGUER, GRIFO, A GRELLA BRASERÏA, Somos la Pera Bar Shop, AC DC Restaurant, los productos carnicos que el mismo prepara bajo sello de CARNE DE TERNERA GALLEGA PROTEGIDA (IGP) desde Ganados Ortega con todas las carecterísticas del ganado argentino. Dice su publicidad.."no nos limitamos a criar, preparamos verdaderos chorizos criollos al estilo argentino" I.G.P. Ternera Gallega. Carne fresca y despojos de vacuno procedentes de ganado de las razas Rubia Gallega y Morenas Gallegas. "Ternera Gallega". Producto protegido. La I.G.P. “Ternera Gallega” establece como apto únicamente el ganado de las razas Rubia Galega, Morenas ... ganado se cria en explotaciones controladas por el Consejo Regulador.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi