Información

Luís Bará: “O BNG ten proxecto e solvencia para levar adiante a mellor política social: poñer Galiza a producir”

Información
XornalGalicia 13 Septiembre 2016 989 Votos Sección ; Elecciones municipales de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Acto público en RedondelaO candidato do BNG pola provincia de Pontevedra asegurou hoxe en Redondela que o PP converteu a Xunta nunha xestoría de Madrid

“Non hai mellor política social que a que aposta por poñer o país a producir, por desenvolver todo o seu potencial, por crear riqueza e emprego de calidade e por garantir desde o público servizos para toda a poboación”. Así o dixo hoxe en Redondela o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen pediu o apoio dos veciños e veciñas da vila para a forza nacionalista porque, segundo dixo, “o BNG ten proxecto e solvencia demostrada”.

Bará quixo poner en valor a marca BNG e subliñou que a actuación dos gobernos nacionalistas do BNG “diferénciase dos demais alí onde goberna porque temos proxecto de futuro para o país, Ideas claras, experiencia e valentía para levalo a cabo. Non chega con ter claro o que se quere, hai que saber facelo, e así o demostramos co modelo urbano Pontevedra, coa compostaxe, na que a Deputación está a traballar da man de máis de vinte concellos da provincia”, explicou o candidato, que salientou a necesidade de que Galiza conte con instrumentos políticos, financeiros e sociais propios para encarar os retos de futuro “abandonando a submisión e a mansedume, plantando cara a Madrid e a Europa”.

Así mesmo, o cabeza de lista do BNG asegurou na alameda de Redondela que “Galiza perdeu a oportunidade de dar un salto cara adiante no desenvolvemento das súas potencialidades” nos últimos sete anos, xa que o goberno Feijóo paralizou importantes proxectos de transformación e modernización que estaban en marcha en 2009 da man do BNG no goberno galego: o plan eólico, o banco de terras, o programa de innovación e investigación ou unha política integral de montes.

“Feijoo convertiu o goberno galego nunha xestoría, unha administración sen alma, sen ambición e sen visión de futuro”, dixo, para subliñar que, na práctica, a Xunta de Galicia está a funcionar como unha delegación do goberno central que aplica de maneira submisa e servil as ordes da UE e dos intereses do capital financeiro. “Feijóo foi alumno aventaxado para facer carreira política, antepoñendo os seus intereses e o das grandes corporacións aos do país. E causando un enorme sufrimento como consecuencia do incremento das cifras de paro, pobreza, precariedade e da redución drástica do gasto social”, dixo.

Fronte ao modelo centralizador e submiso do PP, Bará explicou que o BNG quere apostar pola investigación e innovación para multiplicar os beneficios da economía galega. “Queremos un país con máis ambición, un país con futuro, por iso o BNG debe ser a alternativa daquela xente que lle quere a este país, para aqueles que están convencidos de que, se nos poñemos, este país pode saír adiante porque ten potencialidades”, engadiu.

Por outra banda, Bará volveu dirixirse a Mariano Rajoy e a Núñez Feijóo, que onte estiveron na praza de touros de Pontevedra, para que condeen as pintadas de coaccións e ataques aos deputados do BNG na Deputación supostamente feitas polas mans dos traballadores do parque de maquinaria xa que, segundo dixo, “do contrario serán complices de prácticas paraterroristas” –algunhas das pintadas eran dianas como as que a banda terrorista ETA destinaba ás súas vítimas-.

“Agora co inicio da campaña electoral aparecen novos ataques e pintadas mafiosas, de ameazas e coaccións, pero estes ataques, que comezaron en maio coa aparición de coroas fúnebres, non nos van volver atrás. Seguiremos coa nosa política de democratizar a Deputación, de eliminar todo tipo de prebendas e privilexios. Non imos dar un paso atrás imos seguir esa liña en todas as institucións nas que estea o BNG”, subliñou.

lineaGRIS
Ciudadanos Cs A Coruña denuncia la dejadez de funciones de gobierno de la ciudad

Miguel Ángel Rosende: “La dejadez de funciones del gobierno de Xulio Ferreiro, se plasma día a día en La Coruña” strong> A Coruña, viernes 11 de Mayo [ ... ]

Partidos Políticos Registrados.- Elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019

Las elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019, haciéndolas coincidir con las elecciones al Parlam [ ... ]

GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP ...
GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP

O secretario xeral do PSdeG critica “a política de botafumeiro, de anuncios gratuítos” de Feijóo e o ministro de Fomento, que “non permite avances para [ ... ]

GONZALO CABALLERO ATRIBÚE A “OBRA DE TEATRO” DE FEIJÓO E O MINISTRO DE FOMENTO DO TREN EN LUGO A QUE AO PP “NON LLE SAEN AS CONTAS” PARA AS ...

O secretario xeral do PSdeG destaca a “xestión pública eficiente e ao servizo da cidadanía” do alcalde de Cuntisntis, 8 de maio de 2018. O secretario [ ... ]

lineaGRIS