Información
BNG:

A nacionalista afirmou que as explotacións do monte con beneficios e sen “industria do lume” non arden

Información
Elecciones municipales de Galicia 14 Agosto 2016 1593 votos

Ana Pontón  nos entrenamentos antes da competición Na visita ás instalacións da XVI edición do evento deportivo “O Marisquiño” que se está a celebrar na cidade de Vigo, a candidata á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón insistiu en que os incendios nos montes galegos teñen “causas estruturais” polo que reclamou novas políticas agrarias, plans de prevención e servizos de extinción de incendios dependentes da Xunta de Galiza. A nacionalista reclamou “cambios en profundidade” na política forestal da Xunta de Galiza á que acusou de alimentar “a industria do lume” coa recalificación de terreos queimados.

A candidata do BNG lembrou que no período bipartito, o BNG sentou as bases para cambiar a política forestal e ordenación do territorio así como franxas de protección das vivendas e estradas pero coa chegada do PP ao goberno todas aquelas medidas, encamiñadas a protexer os nosos montes, “foron rexeitadas”. Neste sentido tamén lembrou que foi desmantelado un servizo único de corpo de bombeiros forestal dependente da Xunta de Galiza fragmentando o dispositivo ao igual que foron reducidas as franxas de seguridade. Agora, sentenciou, “o lume chega ás casas”.

Medidas cara unha nova política forestal, tralo 25 S

Ante os medios de comunicación , a nacionalista fixo un chamamento para que a partir do 25 de setembro mude a situación política en Galiza. O BNG, dixo, presenta un programa con propostas en materia forestal entre as que destacou: plans plurianuais de prevención de incendios e deixar de subvencionar as plantacións de especies de rápido crecemento que arden con moita facilidade. Nós, remarcou, apostamos pola reforestación de especies de crecemento lento e “rendibles” así como recuperar os contratos sostibles para ás persoas que viven no rural e están dispostas a coidar do medio.Ana Pontón

Para a candidata do BNG resulta imprescindible “traballar no inverno na prevención de incendios” e reiterou que o goberno de Feijóo “debe asumir responsabilidades”. Non entendemos,explicou, que alguén nos critique porque pedimos un cambio da política forestal e aos que nos critican recomendoulle mirar “as declaracións de Núñez Feijóo no ano 2006 e que busquen as cartas que enviaba o Partido popular aos seus alcaldes e alcaldesas para que non colaboraran co servizo de extinción”.

O BNG seguirá facendo propostas para cambiar a política forestal, “estamos fartos e fartas de ver como arde o noso monte”. Os incendios apáganse en inverno e as administracións non poden seguir mirando para outro lado. Hai zonas con explotación do monte que con beneficios e onde non se alimenta a “industria do lume” vemos que non arde, polo tanto é posible reducir a incidencia dos incendios.

O Marisquiño sitúa a Galiza dentro das competicións deportivas internacionais

A candidata nacionalista lembrou que o BNG cando tivo responsabilidades de goberno, no concello e na Xunta de Galiza, apostou por dimensionar o festival “O Marisquiño” pola súa repercusión no coñecemento da cidade de Vigo e Galiza e como elemento dinamizador para o comercio e hostelería.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi