Información
BNG:

O BNG presenta un proxecto “solvente e con experiencia” para o cambio político en Galiza

Información
Elecciones municipales de Galicia 14 Agosto 2016 1899 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Candidatura do BNG pola provincia da CoruñaA candidata á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón afirmou que o 25 S non é “un mero cambio de xestores” e  o BNG presenta un programa “sólido, solvente e dende o país” para o cambio político en Galiza

No acto de presentación da candidatura pola provincia da Coruña, celebrado hoxe en Compostela, a candidata á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón afirmou que a diferenza  doutras forzas  que levan semanas  con políticas de “autobombo ou guerras de poder”, o BNG está centrado en escoitar, dialogar e explicar propostas para que os galegos e galegas saiamos adiante nun momento “tan difícil e complexo”.

 

 

Presentación da candidatura

A candidata explicou que hai máis de tres semanas que o Bloque Nacionalista galego aprobou as súas candidaturas porque o importante, dixo,  é traballar cun “proxecto claro, definido e solvente” que sexa útil para que os galegos e galegas teñan solución aos seus problemas e poidamos avanzar  cun “programa sólido e de país” e  defendido por  persoas que encarnan esas alternativas.Neste sentido recalcou que  O BNG presentase  cunhas listas excepcionais, con persoas de diversos ámbitos ás que nos une a defensa dunha alternativa nacionalista e de futuro para Galiza. Unhas listas elaboradas “dende abaixo arriba pola militancia do BNG e través dun proceso asembleario e de participación directa co “amplo consenso” dentro da organización.

 Presentación da candidaturaO 25 de setembro o cambio, dixo, non é “un mero cambio de xestores”, son necesarias mudanzas estruturais para facer fronte ás desigualdades sociais e a diverxencia económica de Galiza. O BNG aposta por eses cambios a través dun proxecto alternativo cheo de “solvencia, experiencia e valentía para o cambio político” que se vai producir nas vindeiras eleccións de setembro.

 Dende o BNG queremos acabar co espolio enerxético, coa emigración forzada, as desigualdades e a discriminación da nosa lingua e somos optimistas porque confiamos “na potencialidade e capacidade do noso país”. Asemade, Pontón asegurou que é necesario superar o estatuto e aplicar políticas na defensa do noso idioma e cultura.

Os incendios apáganse no inverno, non no verán  

 A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza reiterou o seu apoio ás persoas que estes días loitan contra o lume e ás que senten como as súas vivendas son ameazas. Hoxe, manifestou, sentimos “a dor desa negrura que ano tras ano arrasa cunha grande parte dos nosos montes e espazos naturais protexidos”. Pontón recalcou que detrás dos incendios hai “intereses económicos” e causas que permiten que o labor dos incendiarios sexa máis fácil. Neste sentido lembrou que o BNG, no período bipartito, xa no ano 2006 trazou  un camiño de prevención e cambios da política forestal pero no ano 2009 coa chegada de Feijóo ao goberno, “botaron todo abaixo”. Os incendios, dixo, “apáganse no inverno, non no verán” e precisamos dun novo modelo forestal para poñer en valor o nosos montes.

Pola súa parte, Xosé Luís Rivas, (Mini) nº 2 da candidatura pola Coruña, tras lembrar que grazas o traballo dunha concelleira do BNG no concello de Santiago de Compostela foi convertido en  parque  público o lugar onde foi presentada a candidatura, afirmou  que a candidatura do BNG pola Coruña, ao igual que as candidaturas do resto das provincias, caracterizase  “pola súa seriedade, amabilidade  e non anda con vaivéns do vento”.

O número dous pola provincia da Coruña tamén fixo referencia aos estragos no monte galego por mor dunha “mala política forestal” da que dixo, está facéndonos sufrir no máis fondo do noso país, porque, “é o noso país o que arde”.

lineaazul 1600

Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren...

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

As XSG súmanse ás mobilizacións feministas contra o “pacto da vergoña” en Andalucía

As Xuventudes Socialistas de Galicia participarán o vindeiro martes 15...

Ciudadanos Ourense asiste incrédulo a los pactos de PP y PSOE en el Concello de Ourense

Alberto Rodríguez: “En toda la legislatura, PP y PSOE sólo...

XUNTOS ACTUA SOLICITA LA ILEGALIZACION VOX

Como es sabido y de dominio publico, VOX ha manifestado...

COMUNICADO (elecciones municipales de Mayo) Xuntos Actua A Coruña

Queremos comunicar la decisión ya definitiva de nuestro consejo político...