Información
BNG:

Ana Pontón: “O BNG é un proxecto do que se poden fiar todos os galegos e galegas”

Información
Elecciones municipales de Galicia 09 Agosto 2016 1648 votos

Candidatura BNG PontevedraA candidata nacionalista á presidencia da Xunta de Galiza participou na presentación da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra onde manifestou que o “BNG configurou as listas dende abaixo e elixidas pola militancia nun proceso aberto, participativo e transparente e cun amplo consenso”

A candidata , Ana Pontón participou hoxe na presentación da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra onde manifestou que o “BNG é presente e alternativa para cambiar o futuro de Galiza”.

A candidata á Presidencia da Xunta de Galiza afirmou que o BNG “BNG configurou as listas dende abaixo e elixidas pola militancia do BNG, nun proceso aberto, participativo, transparente e cun amplo consenso” no que tiveron cabida todas aquelas persoas con experiencia na xestión pública como o cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará senón tamén as persoas que proceden dos ámbitos da sanidade, do feminismo, ecoloxismo, da cultura, da defensa das liberdades democráticas, da defensa do noso idioma, cultura, educación, servizos públicos, “unha candidatura que recolle a esa Galiza que non se resigna a ter o presente que nos están deixando as políticas da Xunta, do goberno central e da Unión europea.

Dende o BNG, dixo, queremos construír con todos e todas vós “a Galiza que queremos”, unha Galiza próspera, con capacidade e futuro e na que non teñamos que volver a ver nunca máis como a xente emigra por falta de oportunidades.

Intervención de Ana Pontón

Intervención de Ana Pontón

“ O BNG á un proxecto no que se pode confiar porque é un proxecto fiable, definido e cunha alternativa política transformadora dun modelo caduco”. Unha alternativa na que o pobo galego sexa “o motor dese cambio” que pasa por ter instrumentos reais para xestionar as nosas costas, as rías, os recursos económicos e poñer en marcha un modelo produtivo que aposte pola innovación e a modernización.

Na cidade de Pontevedra, a candidata do BNG reclamou “salarios dignos, servizos públicos de calidade e igualdade para defender o dereito a vivir sen violencia”.

A candidata lembrou que noutras zonas do Estado están avanzando nunha redefinición do mapa político estatal e Galiza debe aspirar a todo, a que os impostos recados aquí non fuxan para Madrid e sirvan para pagar a sanidade , e evitar os recorte e evitar que nos impoñan as peaxes máis caras como Ap-9 ou que nos impoñan dende Madrid que sigamos padecendo a ENCE na Ría.

Intervención de Luís Bará

Intervención de Luís Bará

Pola súa parte, o cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará destacou a sorte de contar cun equipo con experiencia, honradez e capacidade de traballo para seguir traballando por Galiza dende unha organización como o BNG que representa un “proxecto do nacionalismo” que é o único que pode acadar o “avance, o progreso e benestar do noso país”. O candidato lembrou que esa foi a función do nacionalismo no pasado e tamén a será despois do 25 de setembro. Bará salientou que o BNG encara esta campaña electoral escoitando á xente para atopar as mellores solucións aos seus problemas, “unha campaña para aprender dos logros e tamén dos fracasos” porque, explicou, “cando se cae levantase un para seguir o camiño servindo ao pobo”.

Estamos nun tempo excepcional, afirmou o nacionalista, hoxe máis que nunca, dixo, son moi útiles os valores e as ideas do proxecto do BNG “ non é tempo nin de improvisacións nin experimentos” e tempo dun proxecto “serio, solvente, sólido e coa experiencia demostrada polo BNG en gobernos municipais como o de Pontevedra”.



ULTIMATUM AO FUTURO DE PODEMOS GALICIA

En  politica é importante tomar postura, é en  Xuntos sempre...

Comunicado a afiliado@s y opinión pública en general.

Ante numerosos requerimientos periodísticos y por parte de Asociaciones de...

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral de La Marea

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi