Información

A candidata do BNG, Ana Pontón reclama medidas que saquen da crise ao sector lácteo

Información
XornalGalicia 09 Agosto 2016 1433 Votos Sección ; Elecciones municipales de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Visita á cooperativa de alimentación animal en ValdoviñoA nacionalista visitou unha cooperativa de alimentación animal en Valdoviño (Ferrol), onde manifestou que a crise do sector lácteo ten “responsabilidades política” e denunciou o incumprimento das promesas do goberno central e galego nun “fallido acordo do sector lácteo” que non deu solución aos problemas dos gandeiros e gandeiras

Visita á cooperativa de alimentación animal en Valdoviño

 A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón visitou hoxe a cooperativa da fábrica Coprago en Meirás (Valdoviño) acompañada polo alcalde de San Sadurniño e cargos institucionais da comarca na que mantivo un encontro cos traballadores da fábrica de alimentación animal.

Ante os medios de comunicación, a candidata nacionalista manifestou que a grave crise que padece o sector lácteo “ten responsabilidades políticas” e cualificou de “engano” o acordo do goberno do Estado e galego para o sector asinado hai máis dun ano. Neste sentido, lembrou que os labregos e labregas seguen tendo os prezos máis baixos do leite e persiste a súa “indefensión” ante as empresas.

É urxente, dixo, unha solución para o sector lácteo baixo a protagonismo do goberno galego e a esixencia dun marco de dialogo como xa aconteceu no seu momento coa mesa do leite co fin de garantir prezos xustos así como establecer liñas para dimensionar o sector. Pontón insistiu que Galiza necesita un “plan estratéxico” que apoie a creación dun grupo lácteo galego, a transformación do produto e sacar o máximo rendemento ao grande potencial galego no sector para non acabar sendo “meros produtores de leite a prezo low cost”.

Ana Pontón cos traballadores da cooperativa Coprago

Ana Pontón cos traballadores da cooperativa Coprago

A candidata anunciou que a aposta do BNG pasa pola innovación e transformación do sector lácteo no noso país.

O BNG presentase ás eleccións cun proxecto sólido

A preguntas dos xornalistas sobre ás eleccións galegos, a candidata afirmou que o BNG está centrado en escoitar e atender as demandas da cidadanía e ofrecer “un proxecto sólido”. Para nós, xa non son tempos de mirarse para o embigo nin perder o tempo con guerras internas. Eu son candidata á presidencia da Xunta para transmitirlle á xente cales son as nosas propostas e alternativas e por iso nos presentamos e aspiramos a darlle esa alternativa a todos os galegos e galegas. Nós, recalcou a candidata do BNG, imos a por todas e facémolo cun “proxecto alternativo de país e con candidaturas excelentes nas que a xente pode confiar porque temos solvencia, capacidade, proxecto e experiencia de goberno”.

Ciudadanos denuncia la desorganización del gobierno de Dieste en Boiro (PPdeG)

Javier Chouza: “El alcalde es incapaz de organizar la administración... ..+

#XulioFerreiro "traspasou" a fronteira dos desfavorecidos para solicitar antidisturbios para ir contra seus pr…

Denuncian que XULIO FERREIRO, esta "LITERALMENTE ATRINCHERADO COMO UN OCUPA... ..+

El Hijo de Rosa Quintana, usa el sello IGP de origen protegida de Ternera Galega para venderla como NOVILLO ARGENTINO "bajo una solicitud de subvención pública" que "renuncio".

02-07-2018 Hits:853 hoy XornalGalicia

Marcos Ortega Quintana según la web www.ganadosortega.com esta introduciendo en el marcado mediante “encargo y venta online” anunciando a clinetes como TROPIC BURGUER, GRIFO, A GRELLA BRASERÏA, Somos la Pera Bar Shop, AC DC Restaurant, los productos carnicos que el mismo prepara bajo sello de CARNE DE TERNERA GALLEGA PROTEGIDA (IGP) desde Ganados Ortega con todas las carecterísticas del ganado argentino. Dice su publicidad.."no nos limitamos a criar, preparamos verdaderos chorizos criollos al estilo argentino" I.G.P. Ternera Gallega. Carne fresca y despojos de vacuno procedentes de ganado de las razas Rubia Gallega y Morenas Gallegas. "Ternera Gallega". Producto protegido. La I.G.P. “Ternera Gallega” establece como apto únicamente el ganado de las razas Rubia Galega, Morenas ... ganado se cria en explotaciones controladas por el Consejo Regulador.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi