Saborear anho no forno, com arroz pingado, à moda antiga, tem um destino a freguesia valenciana de Gondomil. No fim de semana de 1 e 2 de setembro os fãs do anho tem o Festival Gastronómico Sabores do Anho.

Manjar da Tradição

Información
Agenda de Galicia

Labora Xove 18 formará a 16 persoas en atención ao consumidor e socorrismo

Información
Localidades de Galicia 20 Agosto 2018 1946 votos
O Concello de Vilagarcía desenvolverá este ano unha nova edición do Obradoiro de Emprego Labora Xove, dirixido a mozos e mozas desempregados de 18 ou máis anos. A través deste programa de formación e aprendizaxe aprobado pola Xunta de Galicia, o Concello formará a 16 persoas nas modalidades de “Socorrismo en espazos acuáticos” e en “Atención ao cliente, consumidor ou usuario” co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral a través de profesións con demanda no mercado de traballo. O Concello porá en marcha nos vindeiros días o mecanismo para a selección do alumnado e do profesorado do obradoiro que terá unha duración de 6 meses e que deberá estar en marcha antes do 30 de setembro.

Jordi Costa, Jara Yáñez, Sergi Sáchez e Manu Yáñez exercen en publicacións estatais e especializadas como El País ou Fotogramas
Bueu, 20 de agosto de 2018. As e os amantes da sétima arte teñen nas actividades cinematográficas do FICBUEU o complemento ideal ás proxeccións que se levarán a cabo do 7 ao 15 de setembro.

 Continúan as mobilizacións no centro de traballo de Atento na Coruña. As preto de 600 traballadoras e traballadores da empresa de contact center (centros de atención de chamadas) están chamadas a unha nova xornada de folga, convocada por todas as forzas sindicais con presenza no comité de empresa.

Información
Agenda de Galicia

PRESENTACIÓN DE CARTAZ DA XVII NOITE DA LÚA MEIGA

Información
Localidades de Galicia 20 Agosto 2018 1953 votos

17 ANOS DE CAMIÑO NA CULTURA MUSICAL TRADICIONAL

(O VISO – REDONDELA. 25 DE AGOSTO DE 2018)

Un ano máis o Colectivo Lúa Meiga, xunto á Sociedade Cultural do Viso, organiza o festival Noite da Lúa Meiga, que celebra o seu 17º aniversario. Este ano a cita terá lugar o sábado 25 de agosto.

Información
Agenda de Galicia

XXV REGATA DE PIRAGUISMO FESTA DA EMPANADA

Información
Localidades de Galicia 17 Agosto 2018 1783 votos

Este domingo 19 de agosto a partir das 11:00 horas da maña disputarse no río Arnoia, ao seu paso por Allariz, a 25 edición da regata de piragüismo “Festa da Empanada”, que este ano ademais é o campionato provincial de piragüismo cun percorrido de 1 km para pre-benxamíns, benxamíns e alevíns, 2 km para los infantís e 4 km para o resto de categorías.

Información
Agenda de Galicia

Festa da Istoria

Información
Localidades de Galicia 16 Agosto 2018 1884 votos

VENRES 24

10:30

IX CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

Incricións no Club Artístico de 10:30 a 11:30 h

Polas prazas e rúas do Centro Histórico

11:00

APERTURA DO MERCADO ARTESANAL

Na Alameda

10:30 a 15:00 e 18:00 a 23:00

11:00

CAMPAMENTO MEDIEVAL

Para atender as típicas caídas, cortes, contusións ou outras accidentes que se poidan producir durante o desenvolvemento da Festa da Auga, o xoves 16 de agosto, o servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil disporá as súas ambulancias e persoal en puntos estratéxicos. Durante a lectura do pregón, unha ambulancia con persoal cualificado situarase entre a capela de San Roque e o instituto Castro Alobre e ao inicio da festa trasladarase ao perímetro da Zona húmida, concretamente no Cavadelo ao carón da Comisaría da Policía Nacional. Unha segunda ambulancia situarase na rúa Arcebispo Lago durante a festa. Ademais, o Servizo Municipal de Emerxencias instalará o posto de socorro na Praza da Peixería para atender aos posibles accidentados que deberán dirixirse alí para facer as curas ou chamar ao número de Emerxencias do 112.
Información
Agenda de Galicia

Celta Media retransmite o Memorial Quinocho ante o Mainz 05 para todo o mundo

Información
Localidades de Galicia 10 Agosto 2018 3193 votos

O fútbol regresa a Balaídos este sábado coa disputa do Trofeo Memorial Quinocho, unha das grandes citas da tempada celeste na que se homenaxea ao eterno ex xogador e xerente Joaquín Fernández Santomé “Quinocho”. Entre as novidades deste ano destaca a presenza dun rival alemán por primeira vez na historia do trofeo, o Mainz 05, pero tamén o transfondo solidario do evento: toda a recadación destinarase aos veciños de Tui afectados pola explosión dun almacén de pirotecnia o pasado mes de maio.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi