Información
Agenda de Galicia

o “aita mari” amarra na coruña para rescatar o apoio de todos os coruñeses ao seu desexo de poder sair xa a salvar vidas no mediterráneo

Información
Localidades de Galicia 15 Marzo 2019 239 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • Servicio Marítimo Humanitario, SMH, a ONG propietaria do barco, e Acampa pola paz e o Refuxio, invitan a todos os cidadáns a acercarse estes días ao peirao para visitar o buque, e coñecer de cerca a labor que a súa tripulación quere facer no Mediterráneo.


A Coruña, 15 de marzo de 2019.- O barco vasco Aita Mari, da ONG Salvamento Marítimo Humanitario (SMH), membro da rede Acampa pola paz e o Dereito a Refuxio, atracará mañá á primeira hora no porto da Coruña. É unha das dúas embarcacións españolas que traballan habitualmente no Mediterráneo central – a outra é o Open Arms- ás que o Ministerio de Fomento español impide partir cara á zona de rescate.

O Aita Mari e a súa tripulación permanecerán no peirao de Calvo Sotelo Sur durante toda a vindeira semana para que os veciños e as veciñas da cidade poidan visitalo e recibir todas as explicacións do traballo humanitario que adoitan realizan e que agora non poden desenvolver pola postura do Goberno español e mais as políticas migratorias da Unión Europea. Neste momento hai aberto un proceso de recollida de firmas para convencer ao Executivo de que levante as trabas que impiden ao barco vasco e a Open Arms partir cara ao Mediterráneo a salvar vidas. SMH e Acampa convidan aos coruñeses a aproveitar este fin de semana para acercarse xa ata o buque.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600